Imprimir

O BNG pedirá “a mesma contundencia” no caso da publicidade taurina que no caso do mural da Plataforma Lugo sen Mordazas

bnglugocentro | 26 de setembro de 2018

O voceiro do BNG anunciou que presentará probas do reparto desta publicidade para que o goberno municipal actúe e faga cumprir a normativa

Lugo, 26 de setembro 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, remitiralle ao goberno municipal probas do reparto de publicidade taurina no termo municipal para que se tomen as medidas oportunas. Rubén Arroxo lembrou que a Ordenanza Municipal de Medio Ambiente, no Artigo 307 di literlamente  Regularase o reparto de toda clase de oitavas e materiais similares... . “Pediremos información sobre se os promotores da tourada pediron os correspondentes permisos para o reparto desta publicidade e se non esixiremos que se apliquen as sancións precisas” dixo Rubén Arroxo e explicou que o artigo 316 da mesma ordenanza tipifica como infracción grave  a publicidade masiva nas rúas sen licencia previa, mediante carteis, pintadas, oitavas ou outros medios.

“Entendemos que o goberno municipal actuará coa a mesma contundencia no caso da publicidade taurina que no caso do mural da Plataforma Lugo sen Mordazas” dixo Arroxo e sinalou que “agardamos que o feito de que se trate de dúas alcaldías do PSOE, a de Sarria e a de Lugo, non sirva para aplicar favoritismos nin diferentes baras de medir á hora de aplicar normativas que deben ser iguais para todo o mundo”.

Arroxo lembrou que a corporación municipal aprobou dúas iniciativas nas que o concello de Lugo se declaraba como libre de touradas e libre de circos con animais. O voceiro do BNG explicou que “nestas iniciativas facíase referencia, tamén, á prohibición de publicitar os espectáculos con maltrato animal”.

No caso da publicidade que apareceu no concello de Lugo, concretamente colocada en vehículos no entorno do HULA, está plenamente identificados os promotores do evento taurino e por tanto os reponsables do reparto publicitario. Rubén Arroxo anunciou que “formalmente pediremos que se actúe en consecuencia para tratar de evitar este tipo de eventos en Lugo e nos concellos próximos”.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pedira-mesma-contundencia-caso-da-publicidade-taurina-caso-do-mural-da-plataforma-lugo-mordazas/20180926193124006837.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal