Imprimir

O BNG preguntará polo acendido do alumeado do paseo do río Rato

bnglugocentro | 05 de Novembro de 2018

Foto: El Progreso
Foto: El Progreso

Rubén Arroxo explicou que “coas obras rematadas semella que a luz non se vai acender ata a campaña electoral das municipais”

Lugo,  3 de novembro de 2018. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, preguntará polo estado dos trámites para a conexión da rede de alumeado do río Rato para a súa posta en funcionamento. Rubén Arroxo explicou que “coas obras rematadas semella que a luz non se vai acender ata a campaña electoral das municipais” e engadiu “para acender as farolas, unha de dúas ou non hai entendemento entre Concello e Deputación, ou se quere facer un acendido electoralista”.

Para o BNG “non é entendible que unhas obras que tiveron un coste de 750.000 € estén sen dar servizo cando máis falta fai, ao haber menos horas de luz”. En setembro de 2017 iniciaronse as obras para dotar de alumeado público ao paseo do Río Rato e á estrada LU-P-2925. As obras tiñan un prazo máximo de execución de 12 meses. Arroxo sinalou “moita xente nos está preguntando por cales son as razóns de que aínda non se encederan as farolas, e non se entende que nesta época do ano as luces estén apagadas e se vaian encender cerca das eleccións municipias”.

“No paseo do Río Rato instaláronse de 283 novos puntos de luz LED pero parece que leva o mesmo camiño do LeiraParking do HULA” dixo Arroxo e engadiu “rematouse a obra e gastouse diñeiro público, pero se non se acende a luz cando fai falta non vai utilidade para o funcionando”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-preguntara-polo-acendido-do-alumeado-do-paseo-do-rio-rato/20181105103813006896.html


© 2018 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal