Imprimir

O BNG propón melloras ao proxecto de ciclo-vías do EDUSI

bnglugocentro | 28 de Maio de 2018

“Pediremos que o proxecto se contraste con colectivos de usuarios da bicicleta, como Masa Crítica, que en Lugo amosaron un traballo serio durante anos” dixo Arroxo

Lugo, 28 de maio de 2018. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, tras coñecer as propostas do goberno municipal para a creación de 15 km ciclo-vías en diferentes zonas da cidade, sinalou que son necesarias “alternativas para mellorar esta proposta por que parece feita por alguén que non pedaleu nunca”. Arroxo dixo que “o carril bici que propón o PSOE é todo en costa, precísanse buses con espazo para as bicis que permitan que as persoas que baixen dende a cidade ata a zona do río poidan subir con comodidade, ou buscar rutas alternativas polos camiños tradicionais nos que as pendentes son menores”.

Arroxo lembrou que “tendo en conta que o obxectivo da Estratexía EDUSI é unir a cidade coa zona do río, propoñemos diferentes alternativas para mellorar o contido do documento presentado polo goberno e salvar a barreira orográfica que supón a rúa Santiago (volta da Viña). Algunhas do propostas do BNG van dirixidas a recuperar sendeiros históricos e tradicionais como a rúa Pousadela, a planificar a unión da rúa Santiago e ronda do Carme coa ronda de Fingoi na que xa existe un ciclo-vías que habería que unir ao de nova creación.

Como exemplo da mala planificación desta rede de ciclo-vías, que na proposta do goberno municipal, establécense rutas de bicicleta pola rúa Santiago “que é unha das rúas con maior pendente da cidade” pero ignóranse outras vía posibles como a rúa Pousadela “que é un camiño tradicional cunha pendente pouco pronunciada no tramo entre a zona do Palomar e a ronda do Carme” e engadiu que “o camiño de Pousadela podería habilitarse como senda peonil e para bicicletas”. Outro exemplo do desproposito deste plan de Carril-Bici é que se elixe para unir a Fonte dos Ranchos coa ronda da Muralla, a rúa Xerman Alonso que é unha das rúas que teñen máis pendente nesta zona e, dende logo, non é a máis acaida para a creación dun Carril Bici.

No Plan de Movilidade elaborado para o concello de Lugo xa figuraba, como parte do documento, un apartado no que se informaba de que “para a creación dos carriles bici deberíanse utilizar pendentes inferiores ao 4%”. Lugo conta cun 83 % dos viais que cumpren con esta característica, cousa que foi ignorada á hora de deseñar esta rede que se pretende financiar con fondos EDUSI, como é o caso da rúa Santiago. Ademais dende o BNG “pedirase que o proxecto se contraste con colectivos de usuarios da bicicleta, como Masa Crítica, que en Lugo amosaron un traballo serio durante anos”

O BNG aposta por crear un sistema intermodal bici-bus que permita que usuarios do transporte público poidan transportar as súas bicicletas nos autobuses polo menos en liñas  estratéxicas como  o bus que une o barrio da Ponte co Centro da cidade. Arroxo puxo como exemplo liñas de cidades como Bilbao que incorporaron sistemas de transporte de bicicletas para os autobuses. http://www.bizkaia.eus/home2/Temas/DetalleTema.asp?Tem_Codigo=10243&idioma=CA&dpto_biz=8&codpath_biz=8|9778|196|628|10243

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-propon-melloras-ao-proxecto-ciclo-vias-do-edusi/20180528135408006630.html


© 2018 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal