Imprimir

As concellerías de Educación e Cultura inxectan nestas datas 36.300€ ás librarías da cidade

Director | 13 de maio de 2020

A área de Cultura renovou o fondo da Biblioteca Municipal Isidro Novo e do Vello Cárcere

Lugo, 13 de maio de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas anunciou que, nestas semanas, a área de Cultura e a Concellería de Educación inxectaron 33.300€ ás librarías da cidade. Segundo Felipe Rivas, “agardamos que a celeridade da concellería de educación e da área de Cultura en tramitar os pagos axuden aos negocios locais nesta situación de crise”.

A concellería de Educación realizará o pago dos 33.000€ das axudas de material escolar. Segundo Felipe Rivas, “grazas á nova xestión de Educación, adiantouse considerablemente a xestión do pago, pasando de ser en novembro en anos anteriores a maio neste curso escolar”.

Ao respecto da área de Cultura, Felipe Rivas declarou que “as distintas librarías de Lugo recibirán 3.300€ debido á renovación dos fondos das bibliotecas municipais Isidro Novo e do Vello Cárcere”. “Trátase de libros en galego, co obxectivo de axudar tamén ás escritoras e escritores do País, e enmarcado tamén no mes das letras”, afirmou Felipe Rivas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/concellerias-educacion-cultura-inxectan-nestas-datas-36300e-librarias-da-cidade/20200513104510007943.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal