4 empresas optan a xestionar as Casas das Linguas municipais, avanzando na renovación do contrato

Felipe Rivas e Maite Ferreiro na Casa das Linguas

Maite Ferreiro: “as usuarias e usuarios das casas das linguas poden levar a cabo distintas accións para incrementar os seus coñecementos noutros idiomas”

O persoal técnico municipal revisará as ofertas presentadas polas distintas empresas, que saíu a licitación cun orzamento base de 105.420,10€

4 empresas optan a xestionar as Casas das Linguas municipais, avanzando na renovación do contrato

Lugo, 19 de agosto de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou sobre a renovación da concesión das casas das linguas municipais, Estrada da Granxa e María Balteira. Maite Ferreiro destacou o papel das casas das linguas “polo seu carácter participativo, onde as usuarias e usuarios poden levar adiante actividades para mellorar a súa formación en distintos idiomas”.

Maite Ferreiro lembrou “as casas das linguas ofertan actividades durante todo o curso, dirixidas por persoal formador con especialidades en distintos idiomas”, entre as que destacou “os campamentos de nadal e verán, unha alternativa para a conciliación que mellora as competencias lingüísticas das nenas e nenos”.

O persoal técnico do concello de Lugo comezou hoxe a revisión da documentación presentada polas 4 empresas que optan a xestionar este servizo. O contrato terá unha duración dun ano, prorrogable ata un total de 5, e saíu a licitación cun orzamento base de 105.420,10€. “O novo contrato mellorará a calidade do servizo, ao aumentarse as horas do persoal formador para adicar ás distintas actividades“, explicou Maite Ferreiro.

 

Curso 2021-22

A edil de Cultura informou que as bases de admisión para o curso 2021-22 publicaranse o vindeiro 30 de agosto. O período de inscricións e probas de nivel durará entre o 1 e o 14 de setembro, e as listas publicaranse durante o 15 de setembro. Entre o 16 e o 24 abrirase o proceso de matrícula, e as clases darán comezo o luns 27 de setembro.

4 empresas optan a xestionar as Casas das Linguas municipais, avanzando na renovación do contrato