Maite Ferreiro visitou a segunda mostra do ciclo Xanelas Abertas

A artista local Sara Lage protagoniza a segunda mostra de fotografía nas ventás do Círculo das Artes

Maite Ferreiro: "buscamos redescubrir a contorna urbana a través de distintas intervencións artísticas"

Maite Ferreiro visitou a segunda mostra do ciclo Xanelas Abertas

Lugo, 20 de agosto de 2021.  A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro visitou a segunda mostra fotográfica do ciclo Xanelas Abertas xunto coa artista local Sara Lage e representantes do Círculo das Artes. A mostra está ubicada nas ventás do Círculo das Artes, na rúa Bispo Aguirre e forma parte das actividades previstas no festival de arte urbano Culturban para mostrar a obra das e dos artistas locais, que están a ser premiados, nomeados ou apoiados polo seu talento e proxección en distintas partes do mundo.

 

A mostra de fotografía consiste nunha colección de imaxes nas que se pode ver o saber facer tradicional, a artesanía e a alta costura dende a súa forma máis pura. As señas de identidade da mostra márcanas o deseño, a vangarda e o  estudo dos patróns e a investigación de texturas e novas formas de bordado

 

A mostra está organizada pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto co Espazo LUPA Arte, e conta coa colaboración do Circulo das Artes

 

Culturban

A segunda edición do Culturban contará co II combate de pintura mural, que terá lugar este sábado, e no que participarán 10 muralistas seleccionados segundo a súa traxectoria artística. O Combate Mural terá lugar entre as 9 e as 18 horas, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300€. "O festival de arte Culturbán permitiunos desfrutar de varias intervencións artísticas por toda a cidade, mellorando a imaxe de  moitas rúas de Lugo", afirmou a edil de Cultura, Maite Ferreiro

 

Sara Lage (Lugo, 1985)

Técnico Superior en Indumentaria Textil na escola superior de deseño Felicidad Duce de Allariz, Modista e fundadora do taller de noivas Sara Lage

 

Maite Ferreiro visitou a segunda mostra do ciclo Xanelas Abertas