A beirarrúa fronte ao Vello Cárcere gaña anchura grazas ao acordo de Infraestructuras e Cultura no Concello

Maite Ferreiro informou “da necesidade de poder albergar con comodidade das persoas que acceden a un centro cultural e turístico desta magnitude”

 

O Goberno do Concello aproveitou a remodelación do tráfico na zona para acometer estas obras

A beirarrúa fronte ao Vello Cárcere gaña anchura grazas ao acordo de Infraestructuras e Cultura no Concello

Lugo, 18 de agosto de 2021. A responsable de cultura e Turismo do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, informou da ampliación da beirarrúa fronte ao Vello Cárcere que gaña anchura. Esta ampliación foi posible grazas ao acordo de Infraestructuras e Cultura no Concello. A beirarrúa situada na praza da Constitución, fronte ao Vello Cárcere, estanse a acometer as obras de ampliación nestes días. Ferreiro sinalou que “a necesidade de poder albergar con comodidade das persoas que acceden a un centro cultural e turístico desta magnitude”.

O Goberno do Concello aproveitou a remodelación do tráfico na zona para acometer estas obras. A beirarrúa estase a facer no mesmo material que xa tiña a exitente e mudáronse de lugar as prazas de aparcamento para evitar a presenza de vehículos diante do edificio. Maite Ferreiro lembrou que o edificio do Vello Cárcere foi recentemente rehabilitado con fondos municipais e europeos e converteuse nun dos centros culturas e turísticos máis importantes da cidade.

A beirarrúa fronte ao Vello Cárcere gaña anchura grazas ao acordo de Infraestructuras e Cultura no Concello