O Goberno de Lugo activa a transformación da Praza do Sagrado Corazón

O edís do BNG no Sagrado Corazón xunto á veciñanza

Rubén Arroxo: “Esta conversión permitirá gañar un novo espazo peonil que actualmente xa é moi utilizado pola veciñanza da zona”

Hoxe aprobouse o inicio do proceso de licitación, cun orzamento de 110.000€ e un prazo de execución de 3 meses

O Goberno de Lugo activa a transformación da Praza do Sagrado Corazón

Lugo, 14 de abril de 2021. Durante esta mañá aprobouse a activación do proceso de contratación para transformar a praza do Sagrado Corazón. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, presentou a proposta ás veciñas e veciños da zona. “Este espazo converterase nun punto de encontro para a veciñanza do Sagrado Corazón, mellorando a imaxe e a seguridade da zona”, explicou Rubén Arroxo

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a activación do  procedemento de licitación desta actuación, que terá un orzamento máximo de 110.000€ e un prazo de execución de 3 meses. Xunto coa transformación da rúa, renovaranse tamén os servizos soterrados, como o alumeado, cuxa instalación se soterrará, renovarase o illamento e a impermeabilización do edificio, que se prevé atopar deteriorado debido ao estado actual da beirarrúa. Ademais, instalaranse novo mobiliario urbano.

Coa renovación do alumeado público avanzarase na implantación de luminarias LED, que contan con consumos inferiores ás luminarias instaladas actualmente, e terán unha tonalidade máis agradable que a actual. Rubén Arroxo explicou que “o novo alumeado mellorará a seguridade da zona, ao contarse cun novo alumeado máis uniforme, ao mesmo tempo que se mellora a estética da zona e se reduce o consumo enerxético”.

O Goberno de Lugo activa a transformación da Praza do Sagrado Corazón