Maite Ferreiro confirma a volta da Letra das Festas para o San Froilán 2022

A 12 edición do espazo organizado pola AELG terá lugar no Vello Cárcere o 6 de outubro a partir das 19:00

Baixo o título “vir ao San Froilán”, a revista oral do San Froilán compartirá memorias e anécdotas de xente de fóra de Lugo que veu e volveu ao San Froilán

Maite Ferreiro confirma a volta da Letra das Festas para o San Froilán 2022

Lugo, 20 de setembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto con Antonio Reigosa e Lois Pérez en representación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, presentaron a 12 edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán que volverá estar presente no 2022.

A actividade terá lugar o día 6 de outubro a partir das 19:00 no auditorio do Vello Cárcere, e baixo o título Vir ao San Froilán, recollerá memorias, anécdotas e historias da xente de fóra de Lugo que veu e volveu á gran festa do outono galego.

“Continuamos un ano máis a nosa colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega cunha actividade xa consolidada no programa do San Froilán”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “a Letra das Festas foi protagonista do San Froilán de 2021, ao protagonizar o 18º libro da colección O San Froilán dos Devanceiros, cunha selección da historia das 10 primeiras edicións da actividade da AELG nas festas”

Maite Ferreiro confirma a volta da Letra das Festas para o San Froilán 2022