O Goberno de Lugo colabora co festival solidario de ALUCEM

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentaron xunto co presidente de ALUCEM, José Ignacio Gastán, as actividades que terán lugar este venres na Mosqueira

Arroxo: ”continuamos a tender a man ao tecido asociativo de Lugo para visibilizar as distintas accións nun espazo como a Mosqueira”

O Goberno de Lugo colabora co festival solidario de ALUCEM

Lugo, 20 de setembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron esta mañá as actividades das II Xornadas de Esclerose Múltiple organizadas pola asociación ALUCEM, xunto co presidente da asociación, José Ignacio Gastán. Rubén Arroxo destacou que “desde o Goberno de Lugo traballamos para dar visibilidade ao tecido asociativo local, e esta actividade na Mosqueira permitirá que ALUCEM achegue as súas accións á veciñanza”.

As II Xornadas de Esclerose Múltiple que organiza ALUCEM finalizarán o venres día 23 co festival solidario ‘Empatiza 2022’, que terá lugar ás 18:00. na Praza Mosqueira coa actuación de diversos grupos locais: SudaKs, Moondanal, Filophóbicas, Unha mesa para dúas, Conduto Coloquio, Lacón con grelos Blues band e Skintight. A actividade será gratuíta.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou “a calidade das distintas agrupacións musicais de Lugo”, e explicou que na actividade de ALUCEM, “a veciñanza poderá desfrutar dunha selección de grupos ao mesmo tempo que coñece a importante labor desta asociación”

O Goberno de Lugo colabora co festival solidario de ALUCEM