Maite Ferreiro: “a Xunta só pon excusas para non apoiar ás festas de Lugo”
A responsábel de Cultura criticou que “o goberno galego de un trato distinto ao San Froilán do que deu a outras cidades”
Ferreiro: “o San Froilán é a gran festa do outono galego e desde o goberno de Lugo seguiremos traballando para que o siga sendo”
Lugo, 19 de setembro de 2022. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, criticou que o Goberno da Xunta de Galiza deixe a Lugo fóra da programación cultural do Xacobeo durante o San Froilán. Ferreiro clasificou como “excusas de mal pagador” o declarado polo Delegado da Xunta de Galiza. Ferreiro explicou que “o Goberno galego deixa ás festas de Lugo fóra dunha programación cultural na que invisten millóns de euros”
Maite Ferreiro afirmou que “o Goberno Galego ten que incluír ao San Froilán na programación do Xacobeo 2022, con algunha actividade cultural de calidade, do mesmo xeito que fixeron noutras cidades como Ourense, Ferrol ou Vigo”, e lembrou que o Xacobeo conta coa calificación de festa de interese turístico estatal e de festa de interese turístico galego, calificación outorgada pola propia Xunta de Galiza.
A área de Cultura prepara, de cara ao San Froilán 2022, unha programación diversa e de calidade, con concertos, espectáculos de rúa e cunha gran presencia do tecido cultural da cidade. A nova praza da Mosqueira acollerá este ano un dos escenarios do San Froilán, consolidando esta zona como un dos puntos máis importantes da programación cultural de Lugo.