ANTÓN BAO DEIXA O CARGO DE CONCELLEIRO DO BNG EN LUGO POR MOTIVOS PERSOAIS

ANTÓN BAO DEIXA O CARGO DE CONCELLEIRO DO BNG EN LUGO POR MOTIVOS PERSOAIS

IMG_2040  “Os erros foron meus e os acertos do BNG” dixo Antón Bao na súa intervención referíndose á súa traxectoría política nestes últimos 15 anos

Bao dixo que a partir de agora “serei un militante de base do BNG e seguirei apoiando este que é o mellor proxecto político para o país”

Lugo, 20 de decembro de 2013. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, compareceu hoxe ante os medios de comunicación para dar conta da súa dimisión como concelleiro. Bao sinalou que está decisión está derivada de “motivos estrictamente persoais” e explicou que “a necesidade de adicar máis tempo á familia é unha cuestión que se ven producindo dende hai tempo pero que outros contextos políticos adiaron, ata hoxe, a toma desta decisión para evitar lecturas políticas equivocadas”. Bao presentou a súa renuncia de xeito oficial e materializarase ao finalizar o vindeiro pleno do concello de Lugo que se celebrará o día 30 de decembro.

IMG_2039Antón Bao compareceu arroupado por un nutrido grupo de afiliados, simpatizantes e cargos do BNG e agradeceu o apoio recibido dende a organización en todo momento. Bao que iniciara a súa carreira política fai 15 anos, como concelleiro do BNG en Becerreá, ostentou numerosas responsabilidades tanto na propia organización como en cargos institucionais. Bao dixo que seguira, como militante de base, apoiando "este que o mellor proxecto político para o país".

IMG_2017Antón Bao agradeceu o seu apoio á militancia do BNG, e tamén lles referiu un agradecemento aos traballadores e traballadoras dos medios de comunicación e ás persoas coas que nestes mantivo contacto nas súas responsabilidades políticas. Bao sentenciou que, a pesares dos erros que puido cometer, “os erros foron meus e os acertos do BNG”. Bao pediu “respeto e comprensión pola decisión que acabo de tomar”. Bao dixo que a partir de agora “serei un militante de base do BNG e seguirei apoiando este que é o mellor proxecto político para o país”.

Ademais de Antón Bao interviron na rolda de prensa a edil Paz Abraira e o reponsábel local do BNG de Lugo, Alexandre Penas que destacou a “a humildade, a honestidade, a capacidade de traballo IMG_2026e o compromiso co país e Antón Bao”. A edil Paz Abraira referiuse ao traballo colectivo e á “coherencia ideolóxica do BNG e o traballo dos e das militantes de base”. Abraira dixo que o BNG seguirá traballando e dando resposata políticas a favor dos colectivos máis desfavorecidos e loitando polos dereitos dos máis perxudicados polas actuais políticas dos gobernos do estado e da Xunta como é o caso das persoas afectadas polas preferentes, as familias que non poden pagar a luz, a auga ou o comedor escolar.

ANTÓN BAO DEIXA O CARGO DE CONCELLEIRO DO BNG EN LUGO POR MOTIVOS PERSOAIS