O BNG-Asambleas Abertas propón a remunicipalización do servizo de guindastre

O BNG-Asambleas Abertas propón a remunicipalización do servizo de guindastre

Maite Ferreiro lembrou que o contrato do concello de Lugo coa actual empresa adxudicataria remata no mes de decembro2011-07-23_IMG_2011-07-23_20-41-23_galgrua

“É tempo de recuperar os servizos públicos para darlles transparencia e evitar que se repita todo o que estivo a suceder coas concesións neste concello” asegurou Maite Ferreiro

Lugo, 7 de setembro de 2015.  O BNG – Asambleas Abertas defenderá no vindeiro pleno do concello de Lugo unha proposición reclamando a remunicipalización do servizo de guindastre. Maite Ferreiro explicou que a concesión á actual empresa adxudicataria remata neste mes de decembro e “é o momento para que o concello recupere este servizo que está a ser tremendamente deficitario e a súa concesión levou a Lugo a todos os medios de comunicación estatais polos procesos xudiciais nos que se viu inmersa”.

A iniciativa dos nacionalistas vai dirixida a que o Goberno Municipal se poña a traballar para que, segundo explicou Maite Ferreiro, “a día 1 de xaneiro de 2016 o servizo de retirada de vehículos da vía pública se poña a funcionar con traballadores públicos e xestionado directamente por este Concello”. Ferreiro asegurou que “é tempo de recuperar os servizos públicos para darlles transparencia e evitar que se repita todo o que estivo a suceder coas concesións neste concello”.

Con esta proposición o BNG – Asambleas Abertas busca, tamén, un aforro económico e un servizo máis eficaz xa que “hai que lembrar que o concello de Lugo está a pagar preto dos 50.000 euros mensuais a unha empresa que está investigada en diversos procesos xudiciais” sinalou Maite Ferreiro.

Dende o BNG – Asambleas Abertas cifraron o deficit provocado por esta concesión, dende o ano 2005, nunha cantidade próxima aos 4 millóns de euros e apuntaron a necesidade de “deseñar un servizo con persoal muncipal” xa que “as grúas xa son propiedade do concello e non é precisa unha maior infraestrutura para que o concello asuma este servizo que fora privatizado, no seu día, polo PP”.

Maite Ferreiro apuntou que “a remunicipalización do servizo de retirada de vehículos pode ser un primeiro paso para, despois, continuar avanzando na recuperación dos servizos para a súa xestión directa” e engadiu que “contamos co apoio de todas as forzas políticas que teñen representación na coporación para dar este primeiro paso que significará un punto e aparte no xeito de facer as cousas neste concello”.

O BNG-Asambleas Abertas propón a remunicipalización do servizo de guindastre