O BNG E O MOVEMENTO VECIÑAL DEMANDAN A APLICACIÓN ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

O BNG E O MOVEMENTO VECIÑAL DEMANDAN A APLICACIÓN ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

IMG_9924

Antón Bao lembrou que “para o BNG é irrenunciable a participación veciñal na vida política a través dos orzamentos municipais”

Os nacionalistas mantiveron unha xuntanza con representates da Federación de Asociacións de Veciños para abordar diferentes temas de interese municipal

LUGO, 14 de novembro de 2013. Responsabeis do BNG de Lugo mantiveron unha xuntanza con directivos da movemento veciñal lucense para analizar diferentes cuestións sobre política municipal no ámbito do concello de Lugo. Representantes de ámbalas dúas organizacións coincidiron plenamente na necesidade da implantación, no concello de Lugo, de orzamentos participativos para “que a xente teña a posibilidade de participar e ter responsabilidade nas decisións políticas municipais”. Antón Bao lembrou que o BNG condicionou o seu apoio aos orzamentos municipais do ano 2013 a aplicación duns orzamentos participativos reais e dixo que “para o BNG é irrenunciable a participación veciñal na vida política a través dos orzamentos municipais”.

Antón Bao dixo que “dende o BNG queremos que o concello de Lugo avance na implantación dun sistema de orzamentos participativos reais” xa que “este é o xeito máis eficaz para que a xente teña posibilidades de tomar decisións na cousa pública”. Bao engadiu que “é unha evidencia que a participación da xente en política precisa dun impulso por parte das administracións e o BNG quere unha implicación do concello de Lugo neste aspecto”.

IMG_9917

 

O BNG propón avanzar en experiencias propias, ben en barrios ou parroquias, para ir implantando paulatinamente experiencias deste tipo. A aplicación de orzamentos participativos no concello de Lugo debe facerse de xeito transversal  implicando a distintas concellerías que teñen incidencia directa na vida dos cidadáns como son infraestructuras, medio ambiente, seguridade vial, cultura, deportes e participación cidadá.

Hortos, ORCA e ordenanzas fiscais

Ademais de falar dos orzamentos participativos, durante a xuntanza, os representantes do BNG trasladáronlle aos directivos do colectivo veciñal información sobre as propostas que están levando ao concello de Lugo. Entre as propostas que o BNG lle trasladou ao goberno municipal foron recibidas con interés as relativas á creación dos hortos urbáns e as modificacións nas ordenanzas fiscais que o BNG plantexou como necesarias para darlles a súa aprobación no Pleno Municipal. Foron analizadas, tamén, as repercusións que a nova Ordenanza de Contaminación Acústica terá no municipio.

O BNG E O MOVEMENTO VECIÑAL DEMANDAN A APLICACIÓN ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS