O BNG PEDIRÁ NO PLENO DA DEPUTACIÓN QUE A XUNTA PARALICE A CONVERSIÓN DO IES AS MERCEDES

O BNG PEDIRÁ NO PLENO DA DEPUTACIÓN QUE A XUNTA PARALICE A CONVERSIÓN DO IES AS MERCEDES

Mario Outeiro alerta da consecuencias que esta medida terá para o ensino público en xeral, para a estrutura educativa de Lugo e para o alumnado e a equipa de mestres

Os nacionalistas denuncian que a zona sur de Lugo quedarán sen centro de ensinanzas medias

Lugo, 24 de abril de 2013.  O Grupo do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Deputación Provincial de Lugo presentará, no vindeiro pleno, que se celebrará o martes 30 de abril, unha moción na que se insta á Xunta de Galicia a paralizar o proceso de conversión do IES As Mercedes nun centro integrado de formación profesional.

Mario Outeiro, portavoz nacionalista na institución, alerta das consecuencias “altamente negativas” da transformación do IES As Mercedes nun CIFP tanto para o ensino público en xeral como para a estrutura educativa do concello de Lugo e para o alumnado de Secundaria e Bacharelato deste centro, que viñan recibindo unha atención personalizada que, ao mesmo tempo, converteu a este centro en referentes en Galiza e o Estado polo seu nivel de calidade”.

“Con esta actuación da consellería de Educación –insiste Outeiro- unha ampla zona de Lugo quedará sen centro de ensinanzas medias, obrigando aos alumnos e alumnas a desprazarse a centros máis distantes e masificados. Ademais, o profesorado do centro verase reducido, desprazado e sen opción de participar nun concurso de traslados.”

Desde o Grupo Provincial do Bloque lamentan a actitude o Goberno galego, á que tildan de “totalmente irrespectuosa coa comunidade educativa. O Partido Popular está apostando por un camiño que conduce cara o desmantelamento dun centro de referencia polo seu nivel e polo seu funcionamento. Medidas erróneas coma esta evidencia a despreocupación do conselleiro do ramo, Xesús Vázquez polo ensino público.”

O BNG PEDIRÁ NO PLENO DA DEPUTACIÓN QUE A XUNTA PARALICE A CONVERSIÓN DO IES AS MERCEDES