O BNG RECLAMA A CONSTRUCIÓN DA PRAIA FLUVIAL NA ZONA DAS SAAMASAS

O BNG RECLAMA A CONSTRUCIÓN DA PRAIA FLUVIAL NA ZONA DAS SAAMASAS

Outro verán máis Lugo quedou sen praia fluvial pola incompetencia burocrática da Xunta, Concello e Deputación

O BNG reclamou esta instalación no ano 2009 e a Deputación comprometeu a súa financiación no ano 2011

Lugo, 9 de agosto de 2013. O BNG considera que o concello abandonou o proxecto da praia fluvial e reclama a construción inmediata desta instalación que, un ano máis, a xente non puido gozar durante o verán. A edil nacionalista Paz Abraira lembrou que o BNG presentara unha moción sobre este asunto na primavera do ano 2009 e que en marzo do ano 2011 a Deputación elaborou un proxecto e destinou un partida económica, próxima aos 500 mil euros, para efectivizar esta demanda dos lucenses.

Paz Abraira sinalou que “a desidia dos responsables políticos da Xunta, Deputación e Concello deixou a Lugo sen praia fluvial un verán máis”. O BNG considera inadecuada a actuación do concello de Lugo que “abandonou o proxecto non se preocupan en absoluto do tema”. Abraira engadiu que “sabemos que son necesarios unha serie de informes e o Concello, a Deputación e a Xunta deben buscar unha solución para que os lucenses dispoñan dunha praia fluvial pública”.

Paz Abraira lembrou que a Deputación xa tiña un elaborado un proxecto para a creación desta praia fluvial e neste momento a execución da obra está pendente da elaboración dos informes preceptivos. Abraira pediu que a Deputación, o Concello e á Xunta solucionen os trámites burocráticos necesarios para dar solución definitiva a este asunto.

A zona de baño pública no río Miño estaría situada, segundo o proxecto elaborado pola Deputación no ano 2011, a carón da área recreativa dos Robles. Esta instalación estaría constituida por catro pantaláns, todos eles accesibles para minusválidos, tres situados xunto á zona dos Robles, e un máis pequeno a carón da nova pasarela do río Miño. Segundo o proxecto incial un deses pantaláns adecuaríase para que conte cunha zona de baño infantil, reducíndose no propio interior a superficie sumerxida, que sería duns 50 centímetros.

O BNG RECLAMA A CONSTRUCIÓN DA PRAIA FLUVIAL NA ZONA DAS SAAMASAS