O BNG REPRÓCHALLE AO CONCELLO DE LUGO QUE LIMITE A ACCESIBILIDADE AOS ESPECTÁCULOS DO ARDE LUCUS

O BNG REPRÓCHALLE AO CONCELLO DE LUGO QUE LIMITE A ACCESIBILIDADE AOS ESPECTÁCULOS DO ARDE LUCUS

Para Antón Bao “non ten sentido que a xente teña que recoller as entradas nunhas dependenzas municipais e non poida mercalas alí directamente”

As persoas que non poidan acceder a internet ou carezan dunha tarxeta bancaria non poderán acudir aos espectáculos do Arde Lucus

Lugo, a 11 de xuño de 2013. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, criticou ao goberno municipal polo sistema de venta das entradas para os espectáculos do Arde Lucus, no que somentes se contempla a venda a través de internet. Foron moitos os veciños e veciñas de Lugo que manifestaron as súas queixas por ter que mercar estas entradas, cun custe de 2 €, a través de internet e utilizando unha tarxeta bancaria. Antón Bao sinalou que “supón unha clara discriminación para as persoas que non poidan acceder a internet ou non dispoñan dunha tarxeta bancaria”.

Un total de catro espectáculos serán de pago nesta edición do Arde Lucus. Espectáculos que se celebrarán, todos eles, na explanada do Pavillón Municipal de Deportes. Para o BNG é bon que se implantara este sistema de venta das entradas por internet, si ben o seu voceiro considera que “o goberno municipal está limitando a accesibilidade a estas festas que son de todos os lucenses”. Bao dixo que “é unha contradicción que se obrigue á xente a mercar as entradas por internet e despois as teñan que ir a recoller en papel a unha dependencia municipal”

O BNG REPRÓCHALLE AO CONCELLO DE LUGO QUE LIMITE A ACCESIBILIDADE AOS ESPECTÁCULOS DO ARDE LUCUS