PARA O BNG “SOMENTES A PRESIÓN SOCIAL CAMBIA AS POLÍTICAS DE PP E PSOE”

PARA O BNG “SOMENTES A PRESIÓN SOCIAL CAMBIA AS POLÍTICAS DE PP E PSOE”

tigre“En Lugo, grazas a campaña dos defensores dos animais, o goberno municipal actuará para facer cumprir o acordo plenario da iniciativa do BNG relativa aos circos con animais” dixo Paz Abraira 

Abraira afirmou que “de non ser pola presión dos colectivos animalistas e do BNG non se faría nada para evitar o uso de animais como reclamo do espectáculo circense que chegou a Lugo”

Lugo, 24 de setembro 2014. A voceira municipal do BNG no concello de Lugo referiuse á actuación do goberno do PSOE no concello de Lugo en relación ao circo instalado na praza de Augas Férreas e á utilización de animais como reclamo para o seu espectáculo e dixo que “para o BNG está claro que a presión social é a que logra cambios nas políticas de PP e PSOE”. Abraira explicou que foron moitas as persoas e colectivos que presentaron queixas no concello e que se dirixiron ao BNG para denunciar a implantación dun circo con animais no termo municipal.

Paz Abraira lembrou que “o BNG presentou, no seu momento, unha moción ao pleno municipal que foi aprobada” e engadiu que “agora seguiremos presionando para que os termos dalquel acordo aprobado no pleno da corporación sexa efectivo”. Abraira afirmou que “de non ser pola presión dos colectivos animalistas e do BNG non se faría nada para evitar o uso de animais como reclamo do espectáculo circense que chegou a Lugo”.

“No caso do concello de Lugo vemos como os defensores dos animais desenvolveron unha intensísima campaña para que circos con animais non se poidan instalar no termo municipal” explicou Paz Abraira que aproveitou para cargar contra o goberno municipal que, segundo ela, “mantivo unha posición dubitativa nestes días para facer cumprir o que foi un acordo plenario”. Abraira afirmou que “de non ser pola presión dos colectivos animalistas e do BNG non se faría nada para evitar o uso de animais como reclamo do espectáculo circense que chegou a Lugo”