Maite Ferreiro reclamou unha xuntanza urxente da Mesa Técnica sobre violencia de xénero do concello

Maite Ferreiro reclamou unha xuntanza urxente da Mesa Técnica sobre violencia de xénero do concello

IMG_4929A edil do BNG-Asembleas Abertas lembrou que no ano 2010 a Xunta Local de Seguridade constituíu unha Mesa Técnica sobre violencia de xénero e que no ano 2013

“En Lugo, nesta última semana, sucederon cousas que nos obrigan a analizar como estamos actuando dende as institucións” afirmou Maite Ferreiro

Lugo, 1 de marzo de 2016. A edil do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, instou ao goberno municipal a convocar “de inmediato” a Mesa Técnica sobre violencia de xénero. Maite Ferreiro dixo que “todas as institucións teñen que analizar en que estamos fallando para que sucedan cousas como as que estamos a ver nestes días”. A edil do BNG – Asembleas Abertas lembrou que “esta mesa técnica tiña como obxectivo reunir, cada tres meses, a todos os axentes implicados na prevención e tratamento dos casos de violencia de xénero”.

A xunta local de seguridade, presidida polo Alcalde e o Subdelegado do Goberno en Lugo, constituíu no ano 2010 unha mesa técnica de violencia de xénero para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero, preténdese garantir, fomentar e implementar accións e fórmulas preventivas, xunto a unha atención de calidade. Maite Ferreiro lembrou, tamén, que no ano 2013 o concello contratou a redacción dun Protocolo de intervención interinstitucional para a prevención, detección e intervención en situacións de violencia de xénero.

Maite Ferreiro sinalou que “en Lugo, nesta última semana, sucederon cousas que nos obrigan a analizar como estamos actuando dende as institucións” e “tendo en conta que as competencias neste tema están claramente delimitadas, hai que traballar conxuntamente para facer un seguimento da situación e colaborar para mellorar as actuacións específicas”. Para o BNG-Asembleas Abertas está claro que as administracións non teñen a vontade clara de actuar coordinadamente.

A edil nacionalista afirmou que “a administración local, en canto é a instancia mais próxima á cidadanía, configúrase cómo espazo privilexiado para a intervención con mulleres vítimas de violencia machista”. Así mesmo, neste ámbito a coordinación supón un aspecto esencial da intervención, posto que, se partimos dunha actuación global e integral, esta só é posible coa estreita cooperación entre profesionais, facilitando unha atención eficaz, inmediata e que cubra a totalidade da rede de atención a persoas que sofren esta problemática.

Maite Ferreiro lembrou que na constitución desta mesa técnica “as reunións da mesa serían convocadas pola Concellería de Igualdade e Benestar, cunha periodicidade trimestral, levantándose acta dos acordos adoptados” e engadiu que “é algo que non se está a cumprir”. Tamén se podería reunir a mesa de forma extraordinaria sempre que o solicite calquera das institucións ou organismos representados, mediante convocatoria da Concellería de Igualdade e Benestar “e iso é o que reclamamos hoxe” afirmou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro reclamou unha xuntanza urxente da Mesa Técnica sobre violencia de xénero do concello