“SEN GRAN INVERSIÓN LUGO PODERÍA CONTAR CUN PARQUE BIOSALUDABLE CUBERTO NUN LUGAR QUE XA É USADO POR MOITAS PERSOAS PARA FACER DEPORTE” DIXO ARROXO

O BNG-AA propón a creación dun parque biosaludable na estrada de Ombreiro baixo da Ponte Nova

Rubén Arroxo afirmou que esta é unha das propostas que nos achegan veciñas e veciños de Lugo que confian no traballo do BNG-AA neste concello

O BNG-AA propón a creación dun parque biosaludable na estrada de Ombreiro baixo da Ponte Nova

Lugo, 4 de xaneiro de 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, propuxo a creación dun parque biosaludable no entorno da estrada de Ombreiro. Para o BNG-AA o lugar ideal sería no espazo debaixo da Ponte Nova. “Sen gran inversión Lugo podería contar cun parque biosaludable cuberto nun lugar que xa é usado por moitas persoas para facer deporte” dixo Arroxo. A este lugar son moitas as persoas que se achegan para practicar deporte e a instalación dun parque biosaludable sería moi aproveitable ademais que, situado baixo da Ponte Nova, podería utilizarse tanto no bo tempo como no inverno.

Rubén Arroxo afirmou que esta é unha das propostas que nos achegan veciñas e veciños de Lugo que confían no traballo do BNG-AA neste concello. Arroxo explicou que o PSOE non é capaz de investir o orzamento do concello e por iso imos facendo propostas que son perfectamente asumibles “tanto para a capacidade de traballo do equipo de goberno como para o orzamento municipal” dixo Arroxo e concluíu “estamos abertos a trasladar todas as propostas que veciñas e veciños consideren boas para mellorar a calidade de vida neste concello”.