“O ESTADO DAS BEIRARRÚAS, TERREOS ABANDONADOS, UNHA ROTONDA INEFICAZ E UN PAVIMENTO INTRANSITABLE É A ESTAMPA DESTA PRAZA QUE PODERÍA SER EMBLEMÁTICA” DIXO ARROXO

O BNG-Asembleas Abertas reclama unha solución para a praza de Conde Fontao

O BNG xa presentou iniciativas en diversas ocasións e colectivos veciñais tamén teñen reclamado que se acometan as melloras necesarias para esta zona de Lugo

O BNG-Asembleas Abertas reclama unha solución para a praza de Conde Fontao

Lugo, 6 de setembro de 2017. O BNG retomou, neste principio de curso político, a petición de solucións para a praza de Conde Fontao. Para o BNG – Asambleas Abertas está praza, situada fronte á estación do ferrocarril, é un dos puntos da cidade que ten unha máis deficiente ordenación do tráfico ademais dos problemas estéticos e de limpeza da zona.

O voceiro do BNG – Asambleas Abertas sinalou unha serie de deficiencias que compre correxir o antes posible nesta praza que é a porta de entrada para moitas persoas que chegan a Lugo por estrada o ferrocarril. Ademais, Arroxo, referiuse ao transito de vehículos nesta praza e lembrou que “existe unha falsa rotonda na que non se sabe quen ten preferencia e un paso de peóns sobre esa falsa rotonda”. Arroxo dixo que é necesario incrementar a seguridade para a circulación de vehículos e persoas.

O voceiro do BNG-AA, que tamén estivo acompañado da edil Maite Ferreiro, pediu que se adecente as beirarrúas na praza Conde de Fontao, en fronte da estación do ferrocarril. Ademais os nacionalistas tamén pedirán que se controlen os predios que permanecen abertos e que provocan a invasión da beirarrúa pola vexetación expontánea “o concello debe unha solución aos solares que acumulan lixo e maleza e que deben ser limpados polos seus propietarios” dixo Arroxo.

Para o BNG-AA “non se pode manter nese estado a beirarrúa no estado actual nin esperar por outras obras maiores”. O concello debe de arranxar esta beirrúa por que “o estado das beirarrúas e a invasión de vexetación procedente de edificios ruinosos e predios baleiros supoñen un perigo para as persoas que transitan pola zona”. “Ademais o mal estado no que se atopa esta zona é a primeira imaxe que reciben de Lugo todas as persoas” afirmou Rubén Arroxo.

Uso social dos terreos baleiros

Os nacionalistas apuntaron a posibilidade de que o goberno municipal acorde, co propietario do terreos baleiro que está, fronte a estación do ferrocarril, un uso social que podería ser de aparcadoiro público gratuito ou algún tipo de instalación de ocio infantil.