RUBÉN ARROXO: "SEGUIMOS TRABALLANDO NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DE LUGO, GARANTINDO UN ALUMEADO PÚBOLICO ÚTIL E EFICIENTE"
Continúa a renovación do alumeado público con novas actuacións na Milagrosa e nas Gándaras
Renováronse as luminarias da rúa Menorca e da praza da Milagrosa, e na rúa Venancio Senra e a súa contorna, instalando LED, o que supón un importante
Rubén Arroxo: "Seguimos traballando na mellora da eficiencia enerxética de Lugo, garantindo un alumeado púbolico útil e eficiente"
Lugo, 28 de marzo de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou as actuacións que se están a executar dentro do plan de renovación da rede de alumeado público de Lugo. Arroxo explicou que "seguimos traballando en distintas zonas da cidade para garantir un alumeado público eficiente enerxeticamente e que garanta que non haxa zonas escuras nas rúas". Nestes días, estase a traballar na Milagrosa, renovando a rúa Menorca e a praza da Milagrosa, e na rúa Venancio Senra e na súa contorna, renovando tamén as luminarias das rúas Carballo, Fontaneira, Pradairo, Fonmiñá, Nogueira, Agro do Monte e Agro do Granxeiro
Os traballos consisten na substitución das luminarias antigas de Vapor de Sodio, instalando puntos de luz Led, o que permitirá un importante aforro enerxético de máis de 22.000 kWh ao ano. O alumeado permitirá unha maior harmonización da contorna, ao ser unha luz uniforme en toda a trama e ao unificarse a temperatura de cor. Con esta actuación mellorarase tamén a uniformidade lumínica, eliminando zonas escuras. Na contorna das Gándaras renovaranse tamén os elementos eléctricos, como os conductores e as caixas.
Arroxo explicou que dende a chegada ao Goberno de Lugo "traballamos continuamente na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente". Os criterios utilizados á hora de realizar estas actuacións son a recuperación das luminarias existentes adaptándoas ás novas tecnoloxías, reducir os residuos xerados e os custos de implantación e a renovación do resto de elementos que conforman a rede de alumeado, como caixas, conductores ou fusibles facendo así que diminúan as avarías e as molestias á veciñanza.