O BNG nas terras de Sarria reúnese no Incio para perfilar equipos de traballo de cara ás municipais do 2023

Nesta xuntanza estableceronse diferentes follas de ruta e compartiron impresións sobre o futuro da zona

Despois do encontro, diferentes membros do BNG visitaron a feira da localidade

O BNG nas terras de Sarria reúnese no Incio para perfilar equipos de traballo de cara ás municipais do 2023

O Incio, 22 de xaneiro 2023.- O Bloque Nacionalista Galego celebrou hoxe no concello do Incio, unha xuntanza para coordinar e perfilar diferentes grupos de traballo de cara ás eleccións municipais de 2023.

Asistiron a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, a candidata á alcaldía de Samos e concelleira do BNG, María Xesús López ou o candidato á alcaldía de Sarria e concelleiro do BNG, Efrén Castro. Ademais de militantes e simpatizantes da formación.

A organización nacionalista estableceu diferentes eixos temáticos nos que traballar para conformar alternativas fronte os gobernos municipais actuais nas diferentes localidades das terras de Sarria, polo que se expuxeron diferentes propostas e proxectos en conxunto.

Por conseguinte, o obxectivo da fronte patriótica é implementar diferentes ideas chave para impulsar políticas que poñan ás persoas no centro, mais tamén, contribuír ao desenvolvemento da economía e do territorio.

Tras rematar este encontro, fixeron un percorrido pola a feira da localidade, na que puideron desfrutar do bo facer dos produtores locais como comprobar as grandes potencialidades do comercio local no rural.

O BNG nas terras de Sarria reúnese no Incio para perfilar equipos de traballo de cara ás municipais do 2023