“NESTE MOMENTO HAI MOITAS FINCAS SEN DESBROZAR QUE SON UN FOCO DE LIXO E RATAS E A VECIÑANZA PIDE QUE SE ACTÚE ” DIXO RUBÉN ARROXO

O BNG pide que se aplique a normativa nos terreos baleiros do Castiñeiro e Lamas de Prado

O concello de Lugo ten mecanismos para obrigar á propiedade a manter limpos e desbrozados os terreos e se non pode actuar de xeito subsidiario

O BNG pide que se aplique a normativa nos terreos baleiros do Castiñeiro e Lamas de Prado
Lugo, 26 de setembro 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, demandou que se aplique a normativa municipal nas bolsas te terreo que do barrio do Castiñeiro e de Lamas de Prado. “Hai moitos predios que se atopan en zonas urbanizadas pero non se chegou a construír neles e neste momento están cheos de maleza que albergan roedores e réptiles que preocupan á veciñanza”.

“Case cada semana, recibimos queixas veciñais da zona Lamas de Prado e do Castiñeiro polas molestias derivadas dos solares que están sen rozar e sen pechar” sinalou Rubén Arroxo e apuntou que as ordenanzas municipais teñen regulado a situación en que se deben manter os terreos que non teñan uso no zona urbana. Arroxo lembrou, tamén, as numerosas que o BNG ten presentado neste senso.

“A veciñanza está farta de que se faga un trato diferente entre os grandes propietarios, bancos e construtoras, e o resto de veciños e veciñas que teñen terreos sen ocupar” dixo Arroxo e pediu “igual aplicación das ordenanzas” independentemente de que sexa a propiedade dos terreos. O BNG seguirá traballando nas melloras dos barrios “para que Lugo funcione”.