SILVIA VÁZQUEZ, ACTUAL CONCELLEIRA DE URBANISMO, INCORPÓRASE Á CANDIDATURA DO BNG

O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais en Sarria

“O BNG é a única proposta sería que se presenta cun proxecto claro” dixo Castro

O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais en Sarria

Sarria, 01  de abril de 2019. O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello de Sarria, Efrén Castro, quen estará acompañado no primeiro tramo por Mónica López, Nespereira Adela Fernández, Fernando López e Ariadna Segalà. No sexto posto, incorpórase Silvia Vázquez, actual concelleira de urbanismo, de quen Castro destacou “a súa seriedade e o seu compromiso con Sarria”.

Dende o BNG argumentouse que “Todos os indicadores son positivos e cremos que podemos rachar os nosos teitos e resultados históricos”. O BNG presentará unha candidatura incorporando na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos. “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Sarria e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Castro.

Castro afirmou “somos un grupo unido e estamos centrados en traballar por sarria e non en revoltas internas”. O candidato do BNG sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental neste mandato para garantir o mantemento de moitos servizos públicos e imos traballar obter o mellor resultado posible e facer que Sarria continúe a avanzar a partir de maio de 2019”.