ARROXO ADIANTOU QUE ADIANTOU QUE “O BNG VAI SER TOTALMENTE CONSTRUTIVO E PROPOSITIVO PARA CHEGAR AO MELLOR ACORDO PARA A VECIÑANZA DE LUGO”

O BNG e o PSOE inician as conversas no concello de Lugo de cara a un posible acordo de goberno

Tal e como estaba previsto, por parte do BNG, participaron nas conversas Rubén Arroxo, actual portavoz, a número 2 da candidatura, Maite Ferreiro e o  concelleiro electo Alexandre Penas

O BNG e o PSOE inician as conversas no concello de Lugo de cara a un posible acordo de goberno

Lugo, 6 de  xuño de 2019. Iniciáronse as conversas entre o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista para explorar a posibilidade de chegar a un acordo de goberno no Concello de Lugo. Tal e como estaba previsto, por parte do BNG, participaron nas conversas Rubén Arroxo, actual portavoz do BNG no concello, a que foi número 2 da candidatura, Maite Ferreiro e o  concelleiro electo Alexandre Penas. A xuntanza tivo lugar no salón de comisións do concello de Lugo e nesta primeira xuntanza establecéronse as bases das negociacións e os termos nos que trascurrirán as mesmas.

Rubén Arroxo sinalou que “a intención do BNG é a de chegar a un goberno estable para Lugo, xa que se demostrou que despois destes 4 anos é necesario un cambio no goberno municipal”. Arroxo anunciou que “o BNG vai poñer un proxecto sobre a mesa para que Lugo funcione” e adiantou que “o BNG vai ser totalmente construtivo e propositivo para  chegar ao mellor acordo para as veciñas e veciños de Lugo”.

“Dar solución aos problemas que ten o concello de Lugo e facer un proxecto para Lugo deben ser os obxectivos” sinalou o voceiro do BNG e engadiu “de nada serviría que o BNG colla unha concellería e o PSOE outra se despois, cada quen colle un camiño distinto”. Para o BNG “o principal é facer un proxecto en común e despois xa virá o reparto de tarefas”.