A concellería de Educación abre o prazo de inscrición para 142 prazas nas escolas infantís municipais

As familias interesadas 20 días de prazo para presentar as solicitudes

Felipe Rivas: “as escolas da rede municipal contan cun proxecto educativo integral para nenas e nenos de 0 a 3 anos”

A concellería de Educación abre o prazo de inscrición para 142 prazas nas escolas infantís municipais

Lugo, 10 de marzo de 2020. Coa publicación no día de hoxe no Boletín Oficial da Provincia, a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento abre o prazo de inscrición para ocupar as 142 prazas libres para o vindeiro curso nas catro escolas infantís municipais. Felipe Rivas, concelleiro de Educación, lembrou que “as escolas infantís municipais non só cumpren unha labor asistencial, tamén contan cun proxecto educativo integral para as nenas e nenos de 0 a 3 anos”.

Destas 142 prazas, ofértanse 28 para nenas e nenos de 3 meses a 1 ano, 16 para 1 a 2 anos e 98 de 2 a 3 anos, das que, en total, 37 serán para as escolas Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luís Soto Menor, mentres que a escola María Wonenburguer ofertará 31 prazas.

Dende a concellería de Educación infórmase de que o prazo para presentar as solicitudes durará 20 días, e abrirase mañá, 11 de marzo. As familias interesadas, deberán cubrir o formulario que se habilitará na web do concello, e que se poderá recoller tamén no rexistro xeral. Felipe Rivas lembrou que “as familias que desexen máis información poden contactar co persoal da área de Educación ou co teléfono de información do Concello, 010”.