O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN CELEBRA ESTE ANO O SEU 75 ANIVERSARIO

Cristina López destacou o espazo perinatal do Cemiterio Municipal, "un espazo pioneiro nos cemiterios galegos"

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Dó Perinatal, a concelleira de Participación destacou que o Cemiterio de Lugo "é un dos poucos de todo o estado que contan cun espazo para as familias que sofren casos de morte xestacional ou perinatal"

O Cemiterio Municipal de San Froilán celebra este ano o seu 75 aniversario

Cristina López destacou o espazo perinatal do Cemiterio Municipal, "un espazo pioneiro nos cemiterios galegos"

 

Lugo, 17 de outubro 2023. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, achegáronse ata o novo espazo perinatal do Cemiterio Municipal. Coincidindo coa celebracion do Día Internacional do Dó Perinatal, a concelleira Cristina López destacou a importancia deste novo espazo habilitado no Cemiterio de Lugo. "Lugo pioneiro na Galiza e un dos poucos cemiterios de todo o estado que contan cun espazo para que as familias teñan un espazo onde pasar a dor en caso de pasar por unha morte xestacional ou perinatal".


O Goberno de Lugo puxo en marcha este espazo co obxectivo de "axudar ao o entorno familiar no proceso de superación do dó perinatal". As persoas que perderan fillos durante a xestación ou ao pouco de nacer contan xa cun espazo específico no Cemiterio de Lugo, dando visibilidade a un tipo de dó moi presente na sociedade, mais que continúa a estar moi silenciado.
A área de Participación elaborou tamén unha exposición en colaboración co Colexio de Enfermaría, que nestes días se pode visitar no HULA.


A Tenencia de Alcaldía habilitou este novo espazo no 75 aniversario do Cemiterio Municipal de San Froilán. A edil de Participación destacou a a versatilidade do deseño de Eloi Maquieira para realizar actividades como as visitas nocturnas ou as distintas actividades culturais organizadas durante todo o ano, que fixeron que o cemiterio de Lugo fose incluído na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos e gañase o recoñecemento de National Geographic como un dos cemiterios máis bonitos do mundo.

 

Cristina López destacou o espazo perinatal do Cemiterio Municipal, "un espazo pioneiro nos cemiterios galegos"