RUBÉN ARROXO E MAITE FERREIRO ACUDIRON AO MIHL ONDE VISITARON A NOVA ZONA DA EXPOSICIÓN COAS DESEÑADORAS E DESEÑADORES DE LUGO

A exposición 'Barbie: Cine e moda' amplíase cunha mostra de 11 deseñadoras e deseñadores locais

Ferreiro: "Trátase da primeira exposición en todo o estado dirixida ao mundo do cine e a moda; combinando  cultura, historia e diversión para todos os públicos"

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro acudiron ao MIHL onde visitaron a nova zona da exposición coas deseñadoras e deseñadores de Lugo

A exposición 'Barbie: Cine e moda' amplíase cunha mostra de 11 deseñadoras e deseñadores locais




Lugo, 18 de abril de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitaron a nova fase da exposición 'Barbie: Cine e moda', que se amplía coa colaboración de 11 deseñadoras e deseñadores lucenses que amosarán os seus traballos na famosa boneca. A área de Cultura conta nesta nova exposición con Inés Penelas  (Inpe), Ánxela Pardo (argalleira.art), Tina Cortón, Montse Arias, Madame Déficit, Chica de Canela, Troita de Pé, Sara Lage, Craft and Tea, Aobab e Con Amor, que ubicarán os seus traballos nunha nova mesa da exposición ubicada no MIHL ata o 1 de maio.

Maite Ferreiro explicou que se trata "da primeira exposición en todo o estado dirixida ao mundo do cine e a moda; combinando cultura, historia e diversión para todos os públicos". As persoas asistentes poderán observar a evolución da boneca Barbie no tempo a través dos principais títulos da historia do cine, con todas as edicións documentadas e datadas, expostas en urnas de metacrilato e acompañadas de máis de 40 carteis de películas que completarán o espazo.

Na exposición, insistiu a concelleira, destaca a vestimenta e as roupas das bonecas. Desde a súa creación Barbie foi vestida polos grandes deseñadores e deseñadoras de moda de todos os tempos: Armani, Versace, Pertegaz, Óscar de la Renta, Christian Dior e moitas máis. "Algúns dos seus modelos podemos velos nesta exposición que conta, ademais, cun deseño realizado por Lorenzo Caprile en exclusiva para 'Barbie: Cine e moda', explicou Maite Ferreiro.

A vestimenta de Barbie, destacou Ferreiro, "amosa os cambios culturais e sociais dende o seu comezo, tamén no mundo do cinema, con vestimentas máis tradicionais, ata deseños contemporáneos", o que converteu á boneca en indicador visual das tendencias e valores de cada época. A concelleira de Cultura insistiu en que "a introducción de diferentes estilos, cores e patróns crea unha maior conciencia da diversidade na moda e na sociedade en xeral". Así, a evolución da vestimenta de Barbie non só persigue as tendencias da moda, senón que tamén reflicte cambios máis amplos na percepción da identidade, concluíu Ferreiro.

A exposición 'Barbie: Cine e moda' amplíase cunha mostra de 11 deseñadoras e deseñadores locais