Maite Ferreiro presenta LED, ciclo de programación cultural arredor da danza e das artes do movemento

Maite Ferreiro: “Continuamos a traballar na programación mentres esperamos a que a Xunta se pronuncie ao respecto do Novo Auditorio”

Maite Ferreiro: “Queremos apostar polo traballo das artistas galegas, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas”

Maite Ferreiro presenta LED, ciclo de programación cultural arredor da danza e das artes do movemento

Lugo, 02 de xaneiro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou, dentro da programación do auditorio Gustavo Freire, o ciclo Lugo é Danza. “LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e das artes do movemento, co que dende a área de cultura tratamos de ofrecer opcións diversas, ampliando o acceso á cultura das veciñas e veciños ao campo da danza contemporánea e as artes do movemento”, indicou Maite Ferreiro.

“O proxecto complétase con diversas iniciativas de mediación coa idea de estabelecer pontes e vías de comunicación con distintas comunidades artísticas, dentro e fóra do auditorio”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “cada artista convidada ofrecerá un obradoiro aberto previo á función, e mensualmente realizaranse palestras divulgativas en distintos espazos da cidade”.

“Continuamos a traballar na programación mentres esperamos a que a Xunta se pronuncie ao respecto do Novo Auditorio”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “hai aínda actividades que non presentamos por estaren aínda en proceso de deseño”

Programación Lugo En Danza

-         Mercedes máis eu, de Janet Novás. 10 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

-         Up2down, de Traspediante. 7 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

-         3 pezas curtas: Novos Creadores, de Alba F. Cotelo, Em.Na, de Colectivo Glovo e Un huevo y cuatro sardinas, de Beatriz del Monte. 7 de marzo ás 20:30 horas no MIHL

-         As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta. 3 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

-         Leira, de Nova Galega de Danza. 24 de abril horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

-         Hara, de Andrés Corchero. 29 de maio ás 20:30 horas no MIHL

 

Programación de teatro e música para público adulto e familiar

-         Patapum, de Elefante Elegtante, 12 de xaneiro

-         Curva España, de Chévere, 19 de xaneiro

-         Trogloditas, de Tanxarina Títeres, 26 de xaneiro

-         Poeta en Nova York, de Producións Paloma Lugilde, 29 de xaneiro

-         Feo, de Caramuxo Teatro, 2 de febreiro

-         Chola a IT girl, de Artesacía, 16 de febreiro

-         Pinconús, de Pinconús, 5 de abril

-         Furia Necesaria, de Aldaolado, 12 de abril

-         Celebraré mi muerte, de Joan Fernández, 19 de abril

-         Falar por falar, de Volta e Dálle Teatro, 10 de maio

-         Mai Mai, de Baobab Teatro, 17 de maio

-         Crónicas do Paraíso, de Sarabela Teatro, 24 de maio

-         Crunch, de Muu, 31 de maio

-         O mellor dos catro elementos, de Pepe Vaamonde Grupo, 7 de xuño

Resto de programación

Teatro grecolatino para escolares: principios de marzo

Mostra de teatro clásico, con 10 representacións no Auditorio e unha no Vello Cárcere: marzo

Mostra de teatro universitario: última semana de marzo

Semana da danza: última semana de abril