RUBÉN ARROXO AFIRMOU QUE “O PRIMEIRO PASO SERÁ PEONALIZAR A ZONA DA MOSQUEIRA PERO O BNG APOSTA POR UNHA LIBERACIÓN DE VEHÍCULOS TOTAL DA RONDA E DO RECINTO AMURALLADO”

“A mellor homenaxe para a Muralla sería liberala do tráfico de vehículos a motor” dixo Arroxo

Arroxo sinalou que “hai cidades como Pontevedra que demostraron o éxito de peonalizar o casco histórico, e en Lugo non se está facendo nada”

“A mellor homenaxe para a Muralla sería liberala do tráfico de vehículos a motor” dixo Arroxo

Lugo, 30 de novembro de 2018. No día que se celebran os 18 anos da declaración da Muralla de Lugo como elemento Patrimonio da Humanidade, o voceiro do BNG, Rubén Arroxo,  afirmou que “a mellor homenaxe para a Muralla sería liberala do tráfico de vehículos a motor”. Para o BNG “nesta altura do século XXI, Lugo ten que mirar cara o futuro ademais de homenaxear o pasado e un paso que hai que dar con determinación é crear unha cidade para as persoas e amable cos visitantes”.

Arroxo lembrou que “no concello de Lugo aprobáronse varias iniciativas presentadas polo BNG para gañar espazo para as persoas no entorno da Muralla pero a realidade é que non se fixo nada ata o de agora”. Un dos acordos, aprobados por unanimidade, recollía que no ano 2027 o entorno da Muralla debería estar libre de tráfico de vehículos a motor na súa maior parte. Rubén Arroxo afirmou que “o primeiro paso será peonalizar a zona da Mosqueira pero o BNG aposta por unha peonalización total da ronda e do recinto amurallado”.

Outras cidades están a facer apostas serias para reducir a polución e a circulación de vehículos a motor. Arroxo sinalou que “hai cidades como Pontevedra que demostraron o éxito de peonalizar o casco histórico, e en Lugo non se está facendo nada”. “No caso de Lugo estamos o tráfico de vehículos a motor está provocando danos no propio monumento” dixo Rubén Arroxo.