Merca produtos galegos, Galiza sairá Gañando

Este é o lema da campaña que inicia o BNG para pór en valor os produtos galegos e apoiar ao comercio de proximidade

Merca produtos galegos, Galiza sairá Gañando

Lugo, 20 de decembro de 2019. O BNG arranca neste Nadal unha campaña de apoio ao comercio local e aos produtos da Terra, a que se está a levar a cabo en todo o país.

 

Como xa é tradicional nestas datas, a organización frontista defende a necesidade de prestixiar os nosos produtos, como por exemplo, os produtos primarios, que nestas datas recobran unha gran importancia nas mesas, ou da nosa artesanía.

 

O BNG seguirá a apoiando e defendendo a supervivencia do noso comercio local, un claro exemplo da oposición da ameaza que supón o Partido Popular, onde as súas políticas económicas e fiscais seguen dando chance ao debilitamento do sector.

 

Por estas razóns, impulsamos dende as institucións, a facilitar este rol de consumo, para garantir o máximo beneficio ás persoas produtoras locais e, desta maneira,  contribuír á dinamización económica do noso país.

 

Potenciando ao noso comercio xéranse ferramentas para consolidar emprego digno e de calidade, rexeitando ao comercio extremo que impoñen as grandes superficies e corporacións que facilitan a creación de emprego precario e abusivo e tamén contribúe a deshumanización das nosas vilas e cidades. Creando formas dependencia do coche ou outras formas de moverse polos núcleos urbanos que afectan a como desenvolvemos a nosa vida.

 

Animamos a todas as luguesas e lugueses a contribuír nun consumo responsábel e que depositen a confianza nos produtos da Terra, onde apostemos polo pequeno comercio nestas datas sinaladas.