Olga García Portela elixida como candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei

Olga García Portela, candidata do BNG en Castro de Rei
Olga García Portela, candidata do BNG en Castro de Rei

A asemblea local do BNG decidiu por unanimidade, nun proceso democrático e participativo, que sexa quen encabece o proxecto do BNG

Olga García, candidata á alcaldía BNG en Castro de Rei “imos saír a por todas, o BNG está activo para producir un cambio en Castro de Rei, temos moi clara a nosa dirección, poñer no centro os intereses das veciñas e veciños

Olga García Portela elixida como candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei

Castro de Rei, 02 de marzo de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei elixiu, a través dun proceso democrático e participativo, quen encabezará a candidatura nacionalista nas vindeiras eleccións municipais do 28 maio.

Olga García Portela foi a persoa asignada pola asemblea para afrontar o reto de encabezar o proxecto do BNG en Castro de Rei.

Olga García, candidata do BNG á alcaldía “quero agradecer ás compañeiras e compañeiros por depositar en min a confianza de seguir co traballo do BNG en Castro de Rei, asumo este reto con responsabilidade mais co optimismo de facer avanzar o noso concello”

Neste senso, a candidata subliñou “imos saír a por todas, o BNG está activo para producir un cambio en Castro de Rei, temos moi clara a nosa dirección, poñer no centro os intereses das veciñas e veciños”

De igual xeito, Olga García destacou que “o BNG defenderá servizos públicos, como fixemos coa sanidade pública do concello, e desenvolveremos todas potencialidades de Castro de Rei nun proxecto que ilusione, con coherencia, rigor e capacidade”

Olga García Portela elixida como candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei