Comeza a renovación da rúa Aquilino Iglesia Alvariño

Arroxo: "con esta actación damos continuidade aos traballos de Lamas de Prado, renovando a cuarta rúa con máis poboación de Lugo"

Arroxo: "continuaremos coa instalación de luminarias LED, avanzando na renovación da rede de alumeado público de Lugo"

Comeza a renovación da rúa Aquilino Iglesia Alvariño

Lugo, 02 de marzo de 2023. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anucniou que veñen de comezar os traballos na rúa Aquilino Iglesias Alvariño, na contorna de Lamas de Prado. Arroxo explicou que "continuamos coa renovación integral da contorna de Lamas de Prado, que comezou coa renovación da rúa principal, e que continuará coa mellora da cuarta rúa de Lugo máis poboada".

 

A renovación desta rúa inclúe a mellora das actuais zonas peonís, instalando novo mobiliario urbano e ampliando o número de árbores. Os pasos de peóns elevaranse, "avanzando tamén no calmado do tráfico en toda a cidade, unha das solicitudes que cada vez realizan máis veciñas e veciños de Lugo", explicou Rubén Arroxo.

 

O alumeado público da rúa mudarase tamén, avanzando na implantación de luminarias LED de baixo consumo, e engadindo novos puntos de luz nas beirarrúas e na zona de xogos que actualmente non contan con alumeado, "eliminando as zonas escuras da rúa", afirmou Arroxo. O Tenente Alcalde afirmou que "desde o Goberno de Lugo seguimos actuando nunha zona da cidade que require de moitas melloras no espazo público".

Comeza a renovación da rúa Aquilino Iglesia Alvariño