O VOCEIRO DO BNG AFIRMOU QUE “O PP SEGUE CASTIGANDO Á LUGO E POUCO LLE AXUDAN OS ORZAMENTOS DE FEIJOO AO CANDIDATO DO PP Á ALCALDÍA”

“Os orzamentos da Xunta están máis pensados para as eleccións galegas de 2020 que para as municipais de 2019” dixo Arroxo

O cuartel de San Fernando, o Plan Paradai e o corredor Nadela – Sarria non están nos orzamentos da Xunta para o 2019

“Os orzamentos da Xunta están máis pensados para as eleccións galegas de 2020 que para as municipais de 2019” dixo Arroxo

Lugo, 19 de outubro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo afirmou, en relación aos orzamentos da Xunta para o 2019 que son electoralistas, máis pensados para as eleccións ao goberno galego que para as municipais” e afirmou que “o PP segue castigando á Lugo e pouco lle axudan os orzamentos de Feijoo ao candidato do PP á alcaldía”. Arroxo explicou que a maior parte dos investimentos destinados a Lugo están orzamentados para que se executen no ano 2020 que é o ano das eleccións galegas. Segundo Arroxo “moitos das obras que se anuncian neste documento non comezarán a executarse ata pasadas as eleccións locais do 26 de maio do 2019, se é que se chegan a executar”.

Rubén Arroxo lamentou que o PP continúe castigando a Lugo e sinalou que o Cuartel de San Fernando, o Plan Paradai e o corredor Nadela – Sarria non están nos orzamentos da Xunta para o 2019. No caso do Cuartel de San Fernando “nin está, nin se lle espera, mentres o goberno galego esté en máns do PP” dixo Arroxo. A respecto do Plan Paradai segue cunha partida asignada, para o 2019, de 450.000 € igual que nos anos 2016, 2017 e 2018. O Corredor Nadela – Sarria ten unha partida de 1.000.000 de euros e as inversión necesarias para a súa execución quedan pendentes para despois do ano 2020.

Respecto á grande inversión que se anuncia para a Residencia “está pensada para que se derribe o edificio antes das eleccións galegas e despois quedará un terreo baleiro, pendente doutros orzamentos que non se sabe cando chegarán” augurou Rubén Arroxo que, ademais, valorou positivamente o investimento anunciado para a Tinería e dixo “vemos que se recuperan os investimentos no barrio da Tinería unha reivindicación do BNG, e felicitamos ao PP, que despois de 10 anos no goberno da Xunta, foi capaz de ver a importancia de que o proxecto iniciado polo BNG no goberno galego era o axeitado”.