UN TOTAL DE 25 VEHÍCULOS SERÁN TRASLADADOS AO DEPÓSITO MUNICIPAL

Ponse en marcha un plan de retirada de vehículos abandonados

A medida foi reclamada por veciños e veciñas das zonas afectadas

Ponse en marcha un plan de retirada de vehículos abandonados

 

 

Lugo, 17 de xullo de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que nos vindeiros días comezarán a retirarse os vehículos abandonados das rúas da cidade. Un total de 25 vehículos que levan varios meses abandonados e que serán trasladados ao depósito municipal “para poder mellorar a seguridade cidadá, dado que algúns deles están totalmente desmantelados”.

 

Esta medida, reclamada pola veciñanza das zonas afectadas, e baseada nos informes da Policía Local, ten como obxectivo mellorar a imaxe de Lugo, e facilitar o aparcamento, coa liberación das prazas ocupadas.