A NOVA EDICIÓN DO CALENDARIO TITÚLASE A TERRA ENTRE AS MANS, E RECOLLE IMAXES E DOCUMENTOS HISTÓRICOS RELACIONADOS COAS PARROQUIAS LUCENSES

Rubén Arroxo e Cristina López presentan o novo calendario do Arquivo Municipal en Pías

A nova edición do calendario titúlase a terra entre as mans, e recolle imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias lucenses

Rubén Arroxo e Cristina López presentan o novo calendario do Arquivo Municipal en Pías

 

 

Lugo, 11 de xaneiro de 2024. A Tenencia de Alcaldía continúa coa presentación do Calendario de 2024 elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias de Lugo.

Rubén Arroxo e Cristina López desprazáronse ata Pías para agradecer a súa participación e a de 15 parroquias máis que se implicaron na elaboración deste calendario. A concelleira de Participación afirmou que "dado o éxito de cada edición, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo nos vindeiros anos".

Cristina López destacou que "o noso rural e as nosas xentes son un piar básico da nosa sociedade, polo que quixemos homenaxealos dándolles o protagonismo que se merecen formando parte deste proxecto". A concelleira tamén quixo facer especial fincapé "na importante labor dos nosos devanceiros que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".

O calendario a terra entre as mans continúa co proxecto iniciado pola área de Participación a finais do 2019. Cada ano, elaborouse un calendario amosando a riqueza das imaxes almacenadas no arquivo municipal, con diversas temáticas cada ano. Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.

Rubén Arroxo e Cristina López presentan o novo calendario do Arquivo Municipal en Pías