"NO MANDATO ANTERIOR CUMPRIMOS O 95% DO QUE DIXERAMOS QUE ÍAMOS FACER, E ASÍ O IMOS EXECUTAR NESTE NOVO QUE COMEZA", INSISTIU ARROXO

Rubén Arroxo: "Para min Lugo si é o primeiro co aval de que nacín aquí, medrei aquí, resido aquí e quero vivir aquí o resto da miña vida"

O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo falou dun "día excepcional para a cidade" e chamou á "absoluta tranquilidade para a veciñanza, xa que o acordo de xuño do 2023 segue vixente"

"No mandato anterior cumprimos o 95% do que dixeramos que íamos facer, e así o imos executar neste novo que comeza", insistiu Arroxo

Rubén Arroxo: "Para min Lugo si é o primeiro co aval de que nacín aquí, medrei aquí, resido aquí e quero vivir aquí o resto da miña vida"

 

 

Lugo, 12 de xaneiro de 2024. O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, chamou hoxe dende unha rolda de prensa aos medios "á absoluta tranquilidade para a veciñanza da cidade", nun día "excepcional para Lugo debido a dous acontecementos que non se deron nunca", explicou Arroxo.

"É a primeira vez que dimite a persoa que ostenta o bastón de mando e é tamén a primeira vez que, de forma provisional e nun curto período de tempo, o BNG vai ter a Alcaldía de Lugo". Neste contexto, dende o seu cargo como Alcalde en Funcións, Arroxo insistiu en que "o acordo de Goberno de xuño do 2023 segue vixente no que queda de mandato, e así se vai seguir levando".

As liñas programáticas continúan o mesmo rumbo cas do pasado mandato "no que cumprimos o 95% do que prometeramos polo que, neste novo, aquilo que se dixo, executarase do mesmo xeito", explicou Rubén Arroxo. O Alcalde en Funcións prometeu tamén unha "transición totalmente normalizada" cun proceso no que o Concello vai seguir funcionando correctamente polo ben da veciñanza e da cidade, aclarou.

Arroxo insistiu na súa preocupación pola boa xestión da cidade, sempre dende o rigor, a seriedade, a lealdade e o compromiso cos veciños e cas veciñas. "Estes días, dicir que Lugo é o primeiro parece unha consigna baleira, pero eu podo dicir que, para min, Lugo si é o primeiro, co aval de que eu nacín aquí, medrei aquí, eu resido aquí, eu quero vivir o resto da miña vida aquí e a miña familia é de aquí. Para min Lugo non é que sexa o primeiro, para min é o primeiro, o segundo e o terceiro, e polo tanto neste momento vou facer que así sexa con todos os meus esforzos", expuxo Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo: "Para min Lugo si é o primeiro co aval de que nacín aquí, medrei aquí, resido aquí e quero vivir aquí o resto da miña vida"