Imprimir

Arroxo confirmou a peonalización permanente do carril interior da Ronda da Muralla e que as primeiras obras serán entre a Porta de Santiago e a rúa Vilalba

bnglugocentro | 21 de maio de 2020

Baixo o título Peonalizar a Ronda da Muralla, unha necesidade?, o concelleiro de Mobilidade compartiu ideas cos representantes dos medios de comunicación

Lugo, 21 de maio de 2020. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con xornalistas dos distintos medios de comunicación presentes no concello de Lugo para compartir ideas sobre do proceso de peonalización da Ronda da Muralla. Segundo Rubén Arroxo, “con esta xuntanza queremos dar resposta a todas as dúbidas que poidan surxir na veciñanza ao respecto do proceso de peonalización que iniciamos desde a área de Mobilidade unha vez chegamos ao goberno municipal”.

“Desde a área de Mobilidade xa se ten iniciado o proceso para peonalizar completamente o tramo da Mosqueira”, lembrou Rubén Arroxo, que desatacou tamén “o éxito que supuxo a peonalización parcial de toda a contorna da Ronda que puxemos en marcha co inicio da desescalada”. Rubén Arroxo afirmou que “co peche do carril interior da Ronda, as veciñas e veciños de Lugo gañaron un espazo paseo peonil de 2.5 Km, que está a ser un éxito nesta desescalada da crise sanitaria do COVID-19” e confirmou que “unha das próximas actuacións a realizar será converter a peonalización provisional deste carril en permanente”.

Baixo o título Peonalizar a Ronda da Muralla, unha necesidade?, o Tenente de Alcalde e as xornalistas lucenses conversaron sobre os cambios que a mobilidade no concello de Lugo experimentará neste e nos vindeiros anos. Rubén Arroxo deu conta das actuacións que a área de Mobilidade e Infraestruturas está a planificar para realizar nos vindeiros meses. “comezaremos a facer obras para cambiar o pavimento entre a Porta de Santiago e a rúa Vilalba, que quedaría peonalizada, sumándose ao tramo da Mosqueira, dende a porta de Santiago ata a porta de San Pedro”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/arroxo-confirmou-peonalizacion-permanente-do-carril-interior-da-ronda-da-muralla-primeiras-obras-seran-porta-santiago-rua-vilalba/20200521194927007969.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal