Imprimir

A concellería de Infraestruturas reinicia os traballos de asfaltado e adecentamento da rúa Río Sar

bnglugocentro | 19 de maio de 2020

Alexandre Penas: “trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza e necesaria para o entorno”

Lugo, 18 de maio de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou do inicio dos traballos de adecentamento e asfaltado na rúa Río Sar, no barrio da Cheda. Segundo afirmou Alexandre Penas, “o inicio desta actuación estaba previsto para iniciarse no mes de marzo, mais a crise sanitaria do COVID-19 obrigounos a pospoñelo”.

A concellería de Infraestruturas Urbanas realizará un asfaltado da rúa con mestura en quente cun orzamento de  34.182,50 euros. Segundo o edil de Infraestruturas Urbanas, “trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza e necesaria para mellorar a imaxe do entorno, xa que se trata da última rúa do barrio da Cheda que quedaba por asfaltar”. Segundo Alexandre Penas, “esta actuación compleméntase con outras realizadas no barrio nos últimos meses, como a pavimentación levada a cabo na rúa Pousadela”

Con esta intervención, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Para a área de Infraestruturas, os barrios periféricos teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas afirmou que “podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”. “Ademais, esta actuación servirá tamén para ampliar o espazo do mercado de Frigsa”, afirmou Alexandre Penas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/concelleria-infraestruturas-reinicia-traballos-asfaltado-adecentamento-da-rua-rio-sar/20200519135258007955.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal