Imprimir

Olalla Rodil: “Galiza precisa reforzar o sistema público de universidades despois de 11 anos de recortes do PP”

Director | 23 de xuño de 2020

A candidata do BNG mantivo unha xuntanza coa vicerreitora da USC en Lugo, Montse Valcarcel

Lugo, 22 de xuño de 2020. A candidata BNG por Lugo, Olalla Rodil mantivo un encontro coa vicerreitora da USC en Lugo, Montse Valcarcel, para achegar algunhas propostas do BNG para as universidades galegas. Segundo Olalla Rodil, “a partir do 12 de xullo precisamos darlle á volta ao modelo de universidades e poñer fin a 11 anos de recortes do Partido Popular, que provocaron que as universidades galegas perderan máis de 200 millóns de euros”.

Desde o BNG temos unha aposta firme e estratéxica para blindar e garantir recursos suficientes para a universidade pública, que pasa por investir o 1,5 por cento do PIB no noso sistema universitario”, concretou a candidata nacionalista.

Olalla Rodil cualificou á investigación como un “eixo estratéxico para o desenvolvemento económico e a modernización da Galiza”. “O goberno galego con Ana Pontón como presidenta non permitirá a creación dunha universidade privada na Galiza”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “a alternativa do BNG pasa pola gratuidade do ensino superior e a cooperación entre campus en base á especialización e ás fortalezas de cada un deles”. Nesa liña, subliñou a potencialidade do Campus de Lugo, cunha oferta formativa e unha labor de investigación moi ligada co sector agrogandeiro que, remarcou, “precisa transformar os produtos e completar o ciclo produtivo para industrial necesario para transformar os productos e completar o ciclo produtivo”

Galiza está á cola da Unión Europea en investimento en ciencia e innovación, cun 0.87% doPIB, actualmente estamos por debaixo do investimento do ano 2008” afirmou Olalla Rodil, que comparou estes datos co 2% da media europea ou o 1,82% do País Vasco, territorio que, segundo afirmou a candidata nacionialista, “fixo unha aposta decidida pola investigación e creación de coñecemento”.

Nesa liña, o BNG propón a creación dunha Axencia Galega de Ciencia que agrupe os fondos dedicados ao investimento e que permita definir unha carreira investigadora que permita condicións de traballo dignas e de calidade para as investigadoras, tanto na etapa laboral como na formativa.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/olalla-rodil-galiza-precisa-reforzar-sistema-publico-universidades-despois-11-anos-recortes-do-pp/20200623080130008087.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal