Imprimir

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron o arranque das obras na rúa Pousadela no barrio da Cheda

Director | 19 de novembro de 2019

Alexandre Penas “temos previstas actuacións en vías municipais do centro da cidade e tamén nos barrios para activar a vida en Lugo”
Lugo, 17 de novembro de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o inicio das obras de asfaltado da rúa Pousadela. Arroxo explicou que se vai a intervir no tramos entre o barrio da Cheda e a ronda do Carme, “un tramo que precisaba de ser acondicionado por que ademais é utilizado por moitas veciñas e veciños da Cheda xa que é o camiño máis curto cara o centro da cidade” sinalou Arroxo e engaidu “Estamos traballando para activar os barrios con actuacións demandadas pola veciñanza”. 
No barrio da Cheda, comezou a intervención para proceder ao asfaltado do tramo da rúa Pousadela entre a ronda do Carme e o propio barrio da Cheda. Esta actuación conta cun orzamento de 15.851€. Alexandre Penas sinalou que “no pasado mandato o propio Rubén Arroxo, como concelleiro da oposición, trasladou ao goberno municipal a necesidade de arranxar esta vía e agora, dende o goberno, acometemos a obra para cumplir coas veciñanza”. Penas tamén informou que “en breve” se cometerá, tamén, o pavimentado da rúa Río Sar que é unha das poucas que quedan se acondicionar neste barrio.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ruben-arroxo-alexandre-penas-visitaron-arranque-das-obras-rua-pousadela-barrio-da-cheda/20191119090759007613.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal