A área de Cultura realiza unha intervención na milagrosa, continuando co festival de arte Culturbán
Maite Ferreiro: “trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”
“Xa realizamos outras intervencións que contribúen a mellorar a estética da cidade e continuaremos en diferentes puntos” dixo Maite Ferreiro
Lugo, 20 de maio de 2021. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lengua do Concello de Lugo continúa co festival de arte urbano Culturbán realizando intervencións artísticas nas rúas da cidade. O artista encargado, nete caso, foi o artista multidisciplinar “Sokram”, que está a realizar un novo mural na medianeira do número 6 da rúa mar cantábrico, á altura do cruce coa rúa das fontes. Esta zona, foi humanizada nos últimos meses polas áreas dependentes da Tenencia de Alcaldía, habilitando unha nova beirarrúa, mellorando a pavimentación e habilitando espacio de aparcamento.
O festival de arte Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. “O obxectivo destas intervencións é conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, ao mesmo tempo que damos a oportunidade aos artistas locais para que colaboren na decoración da cidade”, explicou Maite Ferreiro.
O Artista grupo de artistas esta a ser coordinado por Iago Eireos, ao frente de Espazo Lupa Arte. Nesta ocasión, o artista escollido foi Sokram, que conta con ampla experiencia en proxectos de arte mural, destacando por ser o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas en Ordes e o Rexenera Fest en Carballo, entre outros. Ademais, é coñecido pola súa traxectoria musical, formando parte dos grupos Sokram e Dios Ke Te Krew