OLALLA RODIL PIDE POLÍTICAS DE CREACIÓN DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA E MENOS “AUSTERIDADE CRUEL"

OLALLA RODIL PIDE POLÍTICAS DE CREACIÓN DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA E MENOS “AUSTERIDADE CRUEL"

IMG_4029 “Máis de 270.000 persoas no paro e 100.000 mozos e mozas emigradas son a carta de presentación do PP nesta campaña” a número tres do BNG na candidatura ao Parlamento Europeo

  O BNG orgnaizou un acto de campaña no centro socio-cultural do Corgo

O Corgo, 9 de maio 2014. A candidata nacionalista pídelle aos dirixentes do PP que “eviten triunfalismos” porque “en Galiza 270.000 persoas están sen traballo e 100.000 mozos e mozas tiveron que marchar por falta de futuro na súa terra” e “ao ritmo actual de creación de emprego a Feijóo non lle chegarían 400 anos para acabar co paro en Galiza”.

Olalla Rodil, número tres de lista do BNG ao Parlamento Europeo, estivo no Corgo pediu que as políticas europeas teñan como prioridade a loita contra o desemprego no canto das políticas de “austeridade cruel e recortes inhumanos” que está impoñendo a troika e aplicando “con devoción” o PP tanto en Galiza como no Estado.

Rodil pediu aos dirixentes do Partido Popular que “eviten triunfalismos” falando do descenso do paro porque “en Galiza hai 270.000 persoas que están sen traballo, e 100.000 mozos e mozas tiveron que emigrar por falta de futuro na súa terra”, lembrou. Segundo os datos existentes, en Galiza baixou o paro no último ano en 20.315 persoas, pero só houbo 614 afiliados máis á Seguridade Social, é dicir, “dous contratos novos ao día”, explicou a número tres da lista do BNG.

IMG_3995“Esta é a verdadeira realidade”, dixo Olalla Rodil, porque “moitos mozos e mozas que non atopan traballo marchan e moitas persoas que están apuntadas nas listas do INEM dánse por vencidas e bórranse”, denunciou. Por iso, a candidata nacionalista, matizou as cifras de paro coñecidas recentemente porque “non son para tirar foguetes”, e lembroulle a Feijóo que “a este ritmo de creación de emprego fanlle falla 400 anos para acabar co paro en Galiza”.