DENDE O BNG SINALARON MEDIO CENTO DE CUESTIÓNS QUE ESTÁ PENDENTES DE RESOLVER NO CONCELLO QUE “É A VERDADEIRA DÉBEDA DA ALCALDESA” DIXO ARROXO

“A alcaldesa prioriza pagarlles aos bancos, pero mantén a súa débeda con Lugo”

O voceiro do BNG sinalou que “o PSOE entrégalle os cartos aos bancos por que son incapaces de xestionar o orzamento municipal para mellorar a vida das persoas”

“A alcaldesa prioriza pagarlles aos bancos, pero mantén a súa débeda con Lugo”

Lugo, 19 de outubro de 2017. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, sinalou a falta de capacidade do goberno municipal para executar o orzamento do concello. “O BNG-AA concorda na necesidade de amortizar a débeda que o propio PSOE provocou, pero entendemos que a prioridade debería ser cubrir as necesidades dos lucenses” e engadiu “é triste que o maior éxito de este goberno sexa pagarlles aos bancos, mentres que continuamos con moitas carencias na cidade e no rural do concello”.

O voceiro do BNG sinalou que “o PSOE entrégalle os cartos aos bancos por que son incapaces de xestionar o orzamento municipal para mellorar a vida das persoas” e Rubén Arroxo sinalou máis de medio cento de cuestión que están pendentes de resolver no concello:

  1. Zona Pública de Baño
  2. Rematar a Biblioteca da Piringalla
  3. Instalar o ascensor do Sgdo. Corazón
  4. Instalar o ascensor de Fontiñas
  5. Dar solución ao sistema de regulación de aparcamento na cidade.
  6. Crear un aparcamento público na zona do HULA
  7. Asfaltado de pistas no rural
  8. Crear aparcadoiros disuasorios na cidade
  9. Peonalizar o tramo da Mosqueira e o resto da ronda da Muralla
  10. Arranxo do parque do Miño
  11. Creación de Hortos Urbanos
  12. Peonalización do casco histórico
  13. Eliminación do tapón urbanístico da Av da Coruña
  14. Eliminación do tapón urbanístico situado entre os números 362 e 372 da av. da Coruña.
  15. Eliminación do tapón urbanístico situado na rúa dona Urraca.
  16. Eliminación dos tapóns urbanísticos situados no barrio de Recatelo.
  17. Eliminación do tapón urbanístico situado no carril das Hortas.
  18. Eliminación do tapón urbanístico situado da rúa Orquídea.
  19. Eliminación do tapón urbanístico situado no camiño de Pipín.
  20. Eliminación do tapón urbanístico situado na rúa San Froilán.
  21. Mellora do sistema de evacuación de augas pluviais no Ceao.
  22. Dotar de persoal os servizos sociais do Concello
  23. Dotar de dirección a Banda Municipal de Lugo
  24. Dotar de persoal o parque de bombeiros
  25. Crear unha Escola Municipal de Teatro
  26. Restaurar os Caneiros do Río
  27. Remate das obras da praza de Abastos
  28. Crear piscinas termais no entorno do Miño
  29. Acometer o saneamento no rural
  30. Dotar de abastecemento de auga ao rural
  31. Poñer en marcha o sistema de préstamo de bicicletas
  32. Eliminar os semáforos da ronda da Muralla
  33. Converter a Av. da Coruña, no primeiro tramos, en vía unidireccional
  34. Eliminar os vertedoiros incontrolados que están por todo o entorno da cidade
  35. Arranxar o pozo de tormenta que provoca a contaminación do río Rato na Garaballa
  36. Substituír os pavimentos da beirarrúas para mellorar a accesibilidade
  37. Acometer o proxecto de excabación do Castro da Piringalla
  38. Crear un rocódromo para a práctica da escalada
  39. Dar solución á unión do parque Marcos Cela coa zona do río.
  40. Facer a rotonda na rúa San Eufrasio
  41. Reformular o tráfico en Fontiñas
  42. Crear unha zona para a práctica do Skate
  43. Colocación de marquesinas nas paradas de bus en diversas zonas da cidade
  44. Instalacióin de puntos de luz no Parque Marcos Cela
  45. Peonalización da Calzada da Ponte
  46. Arranxo do paso baixo a N-VI que une da acceso ao Anxo Carro.
  47. Instalación de pasos de peóns elevados nas zonas 30
  48. Potabilizadora antiga como Centro de Interpretación do río Miño
  49. Antiga depuradora como Centro deportivo e de ocio no medio ambiente
  50. Arranxo das rúas da urbanización situada na Fervedoira
  51. Substitución do sistema de caldeiras nas instalacións deportivas de Frigsa por enerxía renovables.
  52. Eliminación de simboloxía franquista en edificios públicos.
  53. Mantemento do mobiliario en todos os barrios