O VOCEIRO DO BNG DEFENDEU A IDONEIDADE DE UTILIZAR OS FONDOS EDUSI PARA UNIR AS COSTAS DO PARQUE DE ROSALÍA, CO MARCOS CELA E CO PASEO DO MIÑO

O BNG cualifica de “despropósito” a pasarela sobre a N-VI por que duplica o tempo a respecto do paso inferior

Percorrido polo paso inferior 230m
Percorrido polo paso inferior 230m

“Cruzar pola nova pasarela é un recorrido de 400 metros e ir polo paso inferior actual son 230 metros” explicou Rubén Arroxo

O BNG cualifica de “despropósito” a pasarela sobre a N-VI por que duplica o tempo a respecto do paso inferior

Lugo, 7 de xaneiro de 2019. O voceiro do BNG sinalou o “despropósito” de construír unha nova pasarela peonil sobre a N-VI con un investimento de máis de 1 millón de euros dos fondos EDUSI. “Cruzar pola pasarela anunciada suporá o doble de tempo e de percorrido que facelo polo paso inferior que está no mesmo lugar” explicou Rubén Arroxo e puntualizou “cruzar pola nova pasarela é un recorrido de 400 metros e ir polo paso inferior actual son 230 metros”.

O percorrido pola nova pasarela supón 50 metros de acceso peatonal ata a rampa de subida en espiral que, con dúas volta e media e un diámetro de 20 metros, ten un percorrido de 155 metros. A ponte sobre a N-VI terá unha lonxitude de 48,50 metros e a rampa de descenso, similar á de subida, ten outros 155 metros de espiral. A suma destes tramos supón un total de 408,5 metros que terán que percorrer as persoas que opten por subir pola pasarela, mentres que atravesar polo actual paso inferior da N-VI ten un percorrido de 230 metros.

Arroxo insistiu en que “a pasarela que propón o PSOE non aporta nada, nin seguridade, nin comodidade, nin mellora estética da zona”. “Vanse gastar moitos cartos en algo que non vale para nada, nin aporta nada á cidade” concluíu o voceiro do BNG e engadiu “Non entendemos como o goberno municipal teima en gastar máis de 1 millón de euros nunha obra á que ninguén lle ve xeito”.

A alternativa do BNG

Arroxo lembrou “dende o BNG estamos dando unha alternativa para investir estes fondos do EDUSI enlazando a cidade co río a través das costas do parque de Rosalía, do parque Marcos Cela e do paseo do Miño”. Rubén Arroxo pediu que os fondos que non se van a utilizar poden derivarse para unir o centro da cidade co entorno do río Miño. Arroxo lembrou o proxecto para crear dúas pasarelas, unha delas entre o aparcadoiro do Pazo Municipal de Deportes e o parque Marcos Cela e a outra entre este mesmo parque e o paseo do Miño. Unha actuación que permitiría conectar a cidade cos máis de 40 km de sendeiros que rodean o río Miño.