ESTA NORMATIVA TRASLADARÍA A NIVEL MUNICIPAL AS LEIS REPRESORAS QUE PERMITEN ENCARCELAR A ALGUÉN POR ESCRIBIR UN TWITT OU POLAS SÚAS IDEAS

O BNG pedirá a retirada da Ordenanza Cívica que pretende aplicar o PSOE

Ediles do BNG no Pleno do Concello de Lugo
Ediles do BNG no Pleno do Concello de Lugo

“O PSOE vaise situar á dereita do PP e Cidadáns polo caracter represivo da Ordenanza” dixo Rubén Arroxo

O BNG pedirá a retirada da Ordenanza Cívica que pretende aplicar o PSOE

Lugo, 2 de maio de 2018. Rubén Arroxo, anunciou que o BNG pedirá que a retirada da proposta de Ordenanza Cívica que pretende aplicar o PSOE. Arroxo explicou que “o PSOE trata de aplicar unha ordenanza tan desproporcionada como inútil, a maior parte das cuestións que se recollen nesta ordenanza xa están recollidas noutras ordenanza municipais e outras das que plantexan son inaplicables”. Por exemplo moitas cuestións xa están recollidas nas ordenanzas de medio-ambiente ou circulación. “Con esta ordenanza o PSOE vaise situar á dereita do PP e Cidadáns polo caracter represivo da ordenanza” dixo Rubén Arroxo.

“A ridiculez desta Ordenanza quedou demostrada por que o único que conseguiu o goberno municipal é que Lugo saise en varios programas de humor pola anécdota desta ordenanza en relación á prohibición das relacións sexuais dentro de vehículos” dixo Arroxo que tamén sinalou outra serie de “despropósitos” que contén esta ordenanza. Na proposta de Ordenanza aparecen numerosas prohibicións como a de pedir na rúa, subir ás árbores, ou incluso levar unha silla plegable a unha zona verde.

Na Ordenanza que plantexa o goberno municipal están previstas sancións de ata 3.000 por pedir na rúa, ou de ata 750 € por levar unha silla de praia a un espazo público que podería ser, por exemplo,  o parque do Miño. Outras das prohibicións son, tamén, a de durmir unha siesta nun banco ou nunha zona verde e a de subirse a unha árbore. “Esta ordenanza non aporta solucións á mendicidade senon que sanciona a pobreza” dixo Arroxo en referencia á problemáticas dos gorrillas”.

Prostitución e publicidade sexista

O BNG aposta por reformular as Ordenanzas xa existentes para incluír aqueles aspectos que neste momento non teñen cobertura legal. “Existen suficientes ordenanzas, hai que actualizalas e traballar para que a súa aplicación sexa efectiva” dixo Arroxo. No tema da prostitución a proposta de ordenanza criminaliza ás mulleres e non soluciona nada por que na cidade estase a practicar en diferentes lugares como pisos e casas para os cales a nova ordenanza non daría unha solución. O voceiro do BNG sinalou tamén que “outra ordenanza que sería preciso acometer e leva anos paralizada é a Ordenanza de publicidade que serviría para controlar a publicidade sexista, pero o goberno non quere poñela en marcha”.