PARA O BNG “O CONCELLO DE LUGO NON É A INSTITUCIÓN AXEITADA PARA PROMOVER ACTOS DE CORTE CASTRENSE E O PP É UN PARTIDO POLÍTICO QUE NON DEBERÍA POLITIZAR AS BANDEIRAS”

O BNG pediralle á alcaldesa que non se promovan actos de “nacionalismo exacerbado e excluinte” como propón o PP

Imaxe da web de El Progreso
Imaxe da web de El Progreso

Arroxo dixo que “o PP insiste en dividir á sociedade con actos que separen as persoas entre españolistas e non españolistas e trasladar a Lugo o problema que xeneraron en Cataluña”

O BNG pediralle á alcaldesa que non se promovan actos de “nacionalismo exacerbado e excluinte” como propón o PP

Lugo, 8 de xaneiro 2018. O voceiro do BNG - AA, Rubén Arroxo, saíu ao paso da “ocorrencia” do Partido Popular de promover unha xura civil de bandeira na cidade e pediulle aos populares “seriedade” para evitar “dividir á sociedade lucense entre españolistas e non españolistas”. Arroxo engadiu “debemos traballar para no promover o odio e apoiar a existencia  dunha sociedade plural permitindo as diferencias sociais e ideolóxicas existentes como é a lucense”. O BNG pediralle á alcaldesa que non se promovan actos de “nacionalismo exacerbado e excluinte” como propón o PP.

Para o BNG “o concello de Lugo non é a institución axeitada para promover actos de corte castrense e o PP é un partido político que non debería politizar as bandeiras”. Arroxo dixo que “o PP insiste en dividir á sociedade con actos que separen as persoas entre españolistas e non españolistas e trasladar a Lugo o problema que xeneraron en Cataluña” e engadiu “o patriotismo español non é un dos problemas que máis lles preocupan aos lucenses e o PP debería sabelo se é que aspiran a gobernar algún día nesta cidade”.