O APARCADOIRO DO EDIFICIO DA XUNTA CONTA CUN TOTAL DE 250 PRAZAS E O DO ANTIGO FOGAR DE SANTA MARÍA PODERÍA TER ENTORNO A 80 PRAZAS DE APARCAMENTO

O BNG propón abrir, tamén, ao público os aparcamentos da Xunta e do Fogar de Santa María na Ronda da Muralla

Posible distribución das prazas de aparcamento no edificio do INLUDES, antigo Fogar de Santa María.
Posible distribución das prazas de aparcamento no edificio do INLUDES, antigo Fogar de Santa María.

“Crearíase unha rede de tres aparcadoiros públicos en diferentes puntos da Ronda que beneficiarían o comercio e o acceso ao casco histórico” afirmou Arroxo

O BNG propón abrir, tamén, ao público os aparcamentos da Xunta e do Fogar de Santa María na Ronda da Muralla

Lugo, 3 de xullo de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou unha proposta para que o Concello de Lugo chegue a acordos coa Deputación e a Xunta para abrir “polo menos” dous novos espazos de aparcamento público. Sumando estes dous novos espazos, afirmou Arroxo “crearíase unha rede de tres aparcadoiros públicos en diferentes puntos da Ronda que beneficiarían o comercio e o acceso ao casco histórico”. A proposta do BNG pasa por abrir ao público, polo menos durante as tardes, o espazo traseiro da sede do INLUDES (antigo Fogar de Santa María) e o aparcamento do edificio da Xunta de Galiza.

Rubén Arroxo explicou que o aparcadoiro do edificio da Xunta conta cun total de 250 prazas, divido e dúas plantas, e o do antigo Fogar de Santa María podería ter entorno a 80 prazas de aparcamento. “Somos conscientes que no edificio da Xunta aparcan coches oficiais do organismo pero é evidente que se podería estudar abrir unha das plantas que unicamente é utlizadas polas mañás polos traballadores da Xunta igual que se fixo co aparcadoiro do edificio do Seminario” sinalou o voceiro do BNG.

A apertura destes novos espazos, e o xa aberto do edificio municipal do Seminario,  suporía crear aproximadamente 300 prazas de aparcamento divididas en 3 puntos diferentes da ronda da Muralla. “Aínda que estas prazas de aparcamento, dos edificios da Xunta e do Concello, unicamente funcionen polas tardes supoñen unha importante bolsa de prazas de aparcamento que contribuirían a reducir o tráfico en itinerancia que se produce cos vehículos que circulan en búsqueda de aparcamento” apuntou Arroxo.

Prazas nos Institutos e Maxisterio

Rubén Arroxo lembrou que durante bastante tempo tamén funcionaron deste xeito os aparcadoiros situados diante do IES Virxe do Ollos Grandes e da Escola de Maxisterio, na Av. de Ramón Ferreiro. Na actualidade estas prazas de aparcamento volven estar reservadas, durante as 24 horas, para vehículos autorizados e non son accesibles para o público xeral. Para o BNG a optimización do espazo público para o estacionamento de vehículos ten que ser un dos obxectivos de cara a mellorar a mobilidade na cidade para que Lugo funcione.