A concellería de Infraestruturas Urbanas informa da apertura ao tráfico da rúa Couselo

Rúa Couselo
Rúa Couselo

Alexandre Penas: “a pavimentación está rematada, quedando só pendente o pintado da sinalización horizontal”

A concellería de Infraestruturas Urbanas informa da apertura ao tráfico da rúa Couselo

Lugo, 08 de xuño de 2020. A Concellería de Infraestruturas informa do remate do acondicionamento da Couselo, no barrio de Albeiros. A solución adoptada pola concellería consistiu na renovación completa das beirarrúas, xunto coa aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente. O edil de Infraestruturas informou de que “a actuación está rematada, quedando só pendente o pintado da sinalización horizontal”. Ademais, segundo indicou Alexandre Penas, cambiouse a drenaxe da rúa para evitar problemas de filtracións que afectaban ás veciñas da contorna.

Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas investíronse 47.071€ na renovación desta rúa. Segundo indicou Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, “trátase dunha actuación moi necesaria debido ao estado desta vía, que se foi deteriorando nos últimos anos”. Alexandre Penas afirmou que “dende a Concellería de Infraestruturas Urbanas temos presentes as actuacións que son necesarias nos distintos barrios da cidade, xa que algúns que levan moitos anos sen recibir ningunha intervención”.

A concellería de Infraestruturas Urbanas informa da apertura ao tráfico da rúa Couselo